Instalacións

As nosas instalacións están protexidas como parte do patrimonio arquitectónico rústico galego.  Estas instalacións emblemáticas (1939) foron rehabilitadas e están capacitadas para a realización de actividades educativas, de lecer e tempo libre. Dispoñemos de amplas áreas abertas e pechadas (para os días de frío e choiva), ademais dunha contorna de 20 hectáreas de espazos naturais. 
Capacidade máxima na Granxa: 64 persoas.