Xa no tempo de inverno… a nosa horta segue producindo! Temos verduras e froitas saudables, ecolóxicas e riquísimas. Agora que co frío imos pasando máis tempo na casa devecemos por unha rica crema de verduras ou de
cabaza, un caldo de
repolo,
verzas Asa de cántaro ou
nabizas, unhas
patacas con
ovos ecolóxicos. Todos eses produtos (e máis dos que vos iremos informando) témolos na Granxa de Barreiros para facer da comida natural elaborada a lume manso un goce para os sentidos.
Podedes facer o pedido a través dos teléfonos
982 533 656 – 698 129 000 Horario de atención: de 09:30 a 13:00 e 16:00 a 18:30 h.
Moitas grazas por confiar en nós!
Na Granxa de Barreiros vendemos produtos de tempada da nosa horta ecolóxica. Producimos alimentos de máxima calidade para coidar a saúde do consumidor e a do medio ambiente. Na nosa horta non utilizamos
ningún tipo de produto químico de síntese, nin fertilizantes químicos, nin insecticidas, nin herbicidas nin ningún outro produto que poida repercutir de forma negativa no medio ambiente nin na saúde dos consumidores.