Historia

A Granja de Barreiros, situada no concello de Sarria (Lugo), é un proxecto pioneiro e moderno de Educación Ambiental en Galicia.  Foi fundada no ano 39 polo lucense, empresario e filántropo, Antonio Fernández López. Con instalacións e maquinaria con tecnoloxía moderna, co fin de ser un modelo que puidese mellorar as técnicas agrarias utilizadas ata agora. Estas instalacións están protexidas como parte do patrimonio arquitectónico rústico.

Posteriormente, créase en 1948 a Escola Primaria de Orientación Agrícola da Granxa de Barreiros, entre cuxas actividades incluía a organización de cursos de Formación para Mestres coa finalidade de protexer a cultura rural galega, modernizar o campo e o patrimonio rural galego. A metodoloxía e os contidos, baseados nos ciclos da natureza, preparaban ao alumno cara a un futuro máis prometedor.  Como apoio didáctico a este proxecto educativo, Antonio Fernández López promoveu a creación de hortos escolares nas Escolas Públicas da provincia. En 1950 Antonio Fernández López funda, en Lugo, o Colexio Fingoi, cun modelo educativo innovador. En 1985 o Colexio Fingoi, encárgase de continuar este labor educativo, ofrecendo nas instalacións da granxa ao longo de todo o ano actividades e Cursos de Formación en diversos ámbitos. Estas están destinadas a todos os centros educativos, tanto de Galicia como do territorio nacional que desexen participar con visitas escolares e campamentos de verán, así como a tódolos xoves, adultos, profesores, monitores de lecer e tempo libre e todas aquelas persoas interesadas na Educación Ambiental.
A estación estación meteorolóxica de Barreiros, foi posta en marcha no ano 1943, polo químico Valentín Sobrini Mezquiriz, xefe da zona meteorolóxica do Noroeste, radicada na Coruña, empezando a tomar datos desde o mes de outubro dese ano. Esta estación veu completar e optimizar os traballos de mellora das técnicas agropecuarias, que se iniciaron xa nesta granxa desde o ano 1939.