Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

Agricultura ecolóxica

 O proxecto agrario da Granxa de Barreiros xurde coa idea de producir alimentos de máxima calidade cuidando da saúde do consumidor e do medio ambiente. Na nosa granxa ecolóxica criamos con todo o cariño diferentes razas galegas autóctonas que sempre formaron parte da cultura rural galega.

Compartimos o noso día a día con porcos celtas, galos e galiñas de Mós, cabalo de Raza Pura Galega e ovellas de Raza Galega. Os nosos animais viven sen stress pastando libremente nas 20 Hectáreas de fértiles prados que rodean a granxa.

ADEMÁIS, vendemos produtos de temporada do noso horto ecolóxico. Máis información: telf 982 533 656  (preguntar por Laura) horario: de 9 a 13 h e de 15 a 19 h.

 

¿En qué se diferencia a nosa granxa ecolóxica das convencionais?

galo- Nos nosos campos de cultivo non se emprega ningún tipo de produto químico de síntesis, nin fertilizantes químicos, nin insecticidas, nin herbicidas nin ningún outro produto que poida repercutir de forma negativa no medio ambiente nin na saúde dos consumidores.

- A alimentación dos nosos animais é completamente natural, tódolos cereais empregados son de procedencia ecolóxica e foron cultivados baixo condicións naturais. Non empregamos cereais modificados xenéticamente para alimentar aos nosos animais.

- O noso principal obxetivo é o benestar animal. Os animais da nosa granxa viven en liberdade e desfrutan dos verdes e extensos prados galegos diariamente.


Cursos de Formación en Agricultura Ecolóxica (click para abrir)

madres y padres en la huerta
Organizamos diferentes cursos de formación teórico-prácticos en relación á Agricultura Ecolóxica e á Permacultura destinados a todo tipo de xente que queira formarse neste sector.

Existe a posibilidade de realizar os cursos nas nosas instalacións, pero tamén nos desprazamos a dar estos cursos a diferentes asociacións, escolas agrarias, universidades, e concellos por toda Galicia, así como a particulares (hortos familiares, balcóns, etc.).

Programación do curso de agricultura ecolóxica e permacultura.

 

huerto de amapolas con alumnos

 

FaLang translation system by Faboba