Equipo humano

Un equipo coordinado para ofrecer unha atención personalizada, coidando os aspectos educativos e a mellora das relacións humanas e comprometidas co medio.

A Granxa-Escola de Barreiros leva desde o ano 1984 desenvolvendo experiencias educativas para escolares, campamentos de verán, o que supón unha garantía de calidade.

Contamos cun equipo de monitores e monitoras, altamente cualificado, cunha ampla experiencia pedagóxica, que se implican con ilusión e entusiasmo no proxecto da granxa, especializados en diferentes áreas (educación ambiental, agricultura biolóxica, etnografía e historia, pedagoxía e educación artística: teatro, música, plástica).

Na convivencia cos nenos, nenas e jóvenes, debido ás súas características persoais, trato próximo e cálido, están moi capacitados para favorecer en todo momento, un ambiente de benestar e goce, dando moita importancia á educación en valores de respecto cara a tódalas persoas e a nosa contorna natural, favorecendo a convivencia e a socialización, reforzando hábitos de autonomía e de responsabilidade no coidado e hixiene persoal, coidando das súas cousas e coidando os espazos comúns e os seus materiais.

En equipo prográmanse e desenvólvense os proxectos, avaliando os resultados e mellorando sobre a marcha, buscando solucionar os problemas detectados.

Consideramos que todo o que se vive educa, e que todos os adultos, docentes e non docentes, que conviven cos nenos teñen unha responsabilidade educativa, e colaboran a crear un clima de seguridade e confianza que eleva a calidade educativa.

 

 

FaLang translation system by Faboba

Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.