O noso proxecto

A GRANXA-ESCOLA DE BARREIROS crea un proxecto de educación ambiental e cultural no ano 1984, a partires do modelo pedagóxico do Colexio Fingoi (1950) e da Escola Agrícola de la Granxa de Barreiros (1948), dirixido hoxe a nenos, xoves e maiores.
A estancia na Granxa é
unha forma de aprender a amar
e valorar a vida.
Ofrece a nenos, novos e adultos un lugar de encontro, intercambio e de aprendizaxe coa finalidade de educar e sensibilizar con respecto aos problemas ambientais actuais, contribuíndo ao desenvolvemento dunha sociedade máis xusta, equilibrada e sostible, nun mundo en proceso de cambio.
Cada un aprende a ser un mesmo, a pensar, a ser persoa, a convivir, a comportarse, a decidirse, nunha tarefa compartida entre todos os membros da Granxa.
As actividades están diseñadas en torno aos ciclos estacionais. A fonte de coñecemento é o contorno natural e rural da propia Granxa.
As saídas, os diferentes e interdisciplinares obradoiros, os xogos de simulación, etc, son os recursos diarios que se utilizan para aprender, desenvolvendo actitudes de respecto e coidado da natureza, de tolerancia, formando espíritos críticos. A conexión coa contorna rural posibilita a recuperación das nosas tradicións , a través da elaboración de produtos artesanais, reciclando materiais, así como participando en diferentes procesos de transformación, co fin de entender a orixe de moitos dos produtos que empregamos cotidianamente.
![]() |
En Barreiros tratamos de conxugar a cultura e os valores do pasado do noso pobo galego cunha preparación para o futuro, a través dunha educación para a Arte e para a Comunicación, realizando diversas actividades que favorecen a creatividade, a imaxinación e a autonomía, así como a mellora das relacións interpersoais e de convivencia. A educación para a saúde é un obxectivo importante, dende un principio a alimentación a consideramos como unha das esixencias máis importantes da vida humana. Preocupámonos que os menús estean ao alcance das necesidades dietéticas de cada idade, utilizando produtos frescos, sans e naturais, de calidade, moitos deles elaborados na propia Granxa, que varían en función da estación do ano. |