Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

Os próximos días 30 e 31 de marzo de 2019 celebramos na Granxa de Barreiros un fin de semana adicado ás Danzas do Mundo.

Ven a aprender a bailar distintos estilos musicais e a disfrutar da gastronomía ecolóxica da Granxa de Barreiros nun fin de semana cheo de actividades para adultos e xoves a partir de 12 anos (acompañados dun adulto).

 

HORARIOS e CONTIDOS

Comenzamos o sábado pola mañá coa benvida ás 10:00 horas e acabamos o domingo co vermú swing e a comida ás 14:30 horas (con opción de menú vegano!).

 

Contaremos cos seguintes especialistas:

Xabi Iglesias (danzas folk), Lola Vintage (swing) e Sara Payo (ioga).

 

Con Xabi Iglesias aprenderemos bailes populares e tradicionais europeos; con Lola Vintage lindy hop, jazz step,...adaptados a todos os niveis, tanto para os que están empezando como para os que xa dominan o triple step. O sábado pola noite e o domingo no vermú swing practicaremos o aprendido entre todos!

Ademáis, Sara Payo nos ensinará a relaxar o cuerpo e a mente nas sesións de ioga.

 

Para coñecer máis ao miúdo o contido e o horario das actividades

                                            DESCARGA O FOLLETO INFORMATIVO.

 

 

INSCRICIÓN

Deberase solicitar reserva de praza nos teléfonos 982 533 656 / 698 129 000, ou vía email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Unha vez confirmada a praza, se lle enviará a ficha de inscrición, que deberá cubrir e remitir polo mesmo medio.

As prazas son limitadas e atendidas por rigurosa orde de entrega e formalización. Data límite de inscrición: 27 marzo 2019.

 

MÁIS INFORMACIÓN no teléfono 982 533 656 ou mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

FaLang translation system by Faboba