Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

Os próximos días 6 e 7 de abril de 2019 celebramos na Granxa de Barreiros o X Curso de Música e Baile Tradicional. Este ano, será un monográfico sobre a montaña lucense.

O Curso está destinado a xoves a partir de 18 anos e adultos en xeral (músicos, mestres de Educación Musical, profesionais da música, danza, teatro,..) e ten as seguintes especialidades: Baile, Gaita, Percusión e Canto e Pandeira.

 

O profesorado está composto por: Pepe Vaamonde, Miguel Anxo López Buján “Chino”, Javier Feijoo “Xisco” e Xabier Iglesias Castro.

Ademáis, o domingo 7 de abril, ás 13:00 horas haberá un concerto a cargo do “Candorka Trío”, con Vadzim Yukhnevich ao acordeón, Miguel Anxo López á percusión e Brais Monxardín coa gaita.

 

HORARIOS
Comezamos o sábado ás 09:30 horas e rematamos o domingo ás 18:00 horas.
Son un total de 16 horas de formación.

Para coñecer máis polo miúdo o horario das clases, da foliada e o concerto DESCARGA O FOLLETO INFORMATIVO.

 

INSCRICIÓN
Deberase solicitar reserva de praza no teléfono 982 284 094, ou vía email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

Unha vez confirmada a praza, enviaráselle a ficha de inscrición, (para que a remita cuberta e firmada), xunto coas instruccións para o pago da matrícula.

 As prazas son limitadas e atendidas por rigorosa orde de entrega e formalización.

 

Máis información no teléfono 982 284 094 ou mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

FaLang translation system by Faboba