Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

 

 

  Ver Galería de fotos do II Congreso Internacional de Observadores de Nubes

 

Presentación


Poucas cousas hai tan interesantes como observar as nubes, disfrutar das súas formas, coñecer os seus caprichos... un ano máis, te propoñémosche este encontro adicado ás nubes, ás estratexias para atrapalas, ás maneiras de entendelas, ás formas de distinguilas e de coñecelas en profundidade...
... pasar uns días de convivencia para aprender cómo se forman, cómo intentamos inmortalizalas dende o inicio dos tempos, cómo podemos escoitalas... e ata como seguimos intentando falar con elas de moi diversas maneiras...
... ademáis de ser unha das maravillas máis grandiosas -e democráticas- da natureza, as nubes teñen aa ventaxa de que non son sociedades limitadas, nin tan sequera persoas físicas, cambian continuamente de conformación e domicilio, e non teñen prezo, aínda que son verdadeiramente impagables...

... así que ningún goberno do mundo poderá poñer un imposto por observalas ou disfrutalas...
-aínda que, pensándoo ben.... ¡mellor será non dar moitas ideas!


Pode recordar AQUÍ cómo foi el I Congreso de Nubes, celebrado en outubro do ano 2012.

 

Descarga CARTEL do II Congreso en formato A4

Descarga TRÍPTICO INFORMATIVO


O Congreso nos medios









Programa

 

Venres 26 setembro


Dende as 19:30. Recepción dos participantes e ponentes.

21:30 Cea.


Sábado 27 septiembre

 


9:30 Almorzo. Inclúe café/té cunha nubeciña de leite.

10:30 Presentación e Inauguración do congreso: Cloudspotting for beginners -observación de nubes para principiantes- a cargo de Gavin Pretor-Pinney, escritor, presidente de la Cloud Appreciation Society (con traducción simultánea).

12:30 As nubes e a fotografía. Fotografiando tormentas, por Jose Antonio Gallego, fotógrafo, escritor e coautor do libro "Atlas de nubes e meteoros".

14:30 Comida con produtos ecolóxicos da Granxa de Barreiros.

 

15:30 Sesta mirando ao ceo -opcional-.

16:30 Paseo á caza de nubes. Durante este paseo poñeremos en práctica as habilidades aprendidas para fotografiar as nubes, e os coñecementos adquiridos para distinguir as súas diferentes clases, con Gavin Pretor-Pinney, Jose A. Gallego e José Miguel Viñas.

19:00 Nubes e campás. Relación entre nubes e campás na tradición, por Joaquín Díaz, músico e etnógrafo.

21:00 Cea.

23:00 Concerto. As mans son nubes pequenas. Benxamín Otero e Carlos Quintá, músicos. "Dende as mans do músico nacen as músicas, dende as mans do mago nacen as maxias, elementos que conforman este espectáculo, coma pequenas nubes".


00:30 ou así. A partires desta hora poden pasar cousas inesperadas. Nebulosas, estrelas fugaces, pero isto nunca se sabe. Todo depende -que para iso estamos en Galicia...-

 



Domingo 28 setembro


Dende as 8:00 Almorzo autoservicio.

 


8:30 Amanecer, con caza de nubes matutina -opcional-.
Voos en Paratrike para ver as nubes de preto. Para os menos atrevidos -ou os máis prudentes-, sempre é posible un tranquilo paseo entre castiñeiros e néboa.

10:30 Buscando nubes nos cadros, por José Miguel Viñas. Meteorólogo e comunicador, presidente de ACOMET, asociación de comunicadores de meteoroloxía.

12:00 Zoótropo de nubes, con Francisco Remiseiro, artista. Zoótropo fabricado para a ocasión por Ignacio López e Ulpiano Puga.

 

14:30 Comida de despedida e Entrega de Diplomas.

 

 

 

Relatores / Participantes


Gavin Pretor-Pinney _ http://cloudappreciationsociety.org/
Fundador de The Cloud Appreciation Society, e autor dos libros Cloudspotter´s Guide e Cloud Collector´s Handbook, dous verdadeiros bestsellers para os enamorados das nubes. O seu terceiro libro, The Wavewatcher´s Companion, gañou en 2011 o Royal Society Winton Prize para Libros de Ciencia. The Cloud Appreciation Society conta xa con máis de 35.000 membros en 94 países. Gavin presentou documentais de televisión para a B.B.C. e o Canal 4, e é Visiting Fellow no Departamento de Meteoroloxía da Universidade de Reading. Participou como orador nas iniciativas TED e é co—fundador de The Idler —o folgazán— unha revista que aboga por darlle a importancia que se merece ao tempo de non facer nada en todo pensamento creativo.

José Antonio Gallego _ http://joseagallego.com/
Licenciado en Filosofía e Letras (Madrid-Murcia); Literatura Moderna (Burdeos); Premio Nacional de Innovación Educativa en 1996, aos mellores materiais fotográficos e audiovisuais de novas tecnoloxías; e músico no grupo cántabro Poetas en la calle, con máis de doce anos de traxectoria e catro traballos discográficos publicados. Non obstante é a súa faceta como fotógrafo a que lle fixo traspasar fronteiras, despois de gañar en 2009 o Color Awards Photography Masters, e expuesto en galerías de Nápoles, New York, Arlés, Berlín, Milán ou París. Practica a fotografía de ceos, acumulando dende os inicios un arquiivo de miles de imaxes clasificadas de nubes e ceos en xeral. É co—autor con José A. Quirantes (AEMET) do "Atlas de nubes y meteoros", unha obra casi enciclopédica, imprescindible na materia. É membro da AME —Asociación Meteorológica Española— e xunto con José Miguel Viñas impartiu un pioneiro Curso de Nubes en twitter, unha interesante experiencia de ciencia compartida entre xentes de España, México, Argentina e Chile.

Joaquín Díaz _ http://www.funjdiaz.net/
Dende mediados dos anos sesenta adícase por completo ao estudio e divulgación da cultura tradicional, ofrecendo concertos e conferencias en multitude de universidades españolas, europeas e americanas, e dando a coñecer a música tradicional en programas de radio e televisión de medio mundo. En 1976 abandona os escenarios para adicarse á investigación da cultura popular, especialmente da Comunidade de Castilla e León. Publicou máis de medio centenar de libros sobre tradición oral e multitude de artigos e ensaios en revistas especializadas e divulgativas. Ten grabados máis de setenta discos e dirixiu e produciu outros tantos con numerosos intérpretes de música tradicional. É Premio Castilla e León de Humanidades e Ciencias Sociales (1999); Premio “Norte de Castilla” de Cultura (2000); Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2002), entre moitos outros galardóns e distincións. Dirixe a revista Folklore dende os seus inicios (1980) e a Fundación que lleva o seu nome, con sede na localidade de Urueña (Valladolid).

Benxamín Otero _ https://soundcloud.com/benxa_otero
Titulado superior en oboe e corno inglés. Combina a súa labor docente no Conservatorio de Lalín coa de intérprete e compositor. Destaca a súa actividade en agrupacións musicais de diversa índole, tanto en grupos de cámara como en orquestras e bandas de música. Foi seleccionado para intervir en concertos de prestixiosas bandas galegas como a Banda Sinfónica de Galicia, a Banda da Federación de Bandas, a Banda Sinfónica do Deza ou a Agrupación Harmonía, baixo a batuta de directores como Marcel van Bree, Henry Adams, Douglas Bostock, James Ross ou Johan de Meij...

Carlos Quintás _
Nace no lugar de Rielo, parroquia de Palmou ( Lalín) hai 34 anos. A iniciativa paternal, desde pequeno comeza o estudo da música académica de violín onde chega a estudar ata o séptimo curso, patinando a idade de 15 anos a causa da disciplina letona da profesora e a procesos hormonais nada complexos. Cando marcha estudar a Lugo, onde se diploma en maxisterio, coñece a Caxoto, gaiteiro de Cervo, e comeza a desfrutar as músicas populares e a posibilidade de aplicar os coñecementos de violín a este novo e divertido rexistro, e desde entón non para. Aos 23 anos comeza a estudar acordeón diatónico con Pedro Pascual no Conservatorio Folque de Lalín. Con íl traballa 5 anos completando o itinerario da escola e despóis segue formándome de maneira autodidacta e asistindo a diferentes cursos con grandes músicos: Jacky Molard, Cati Plana, Janick Martin, Alain Pennec, etc. Desde o curso 09/10 é o profesor de diatónico na escola E-Trad de Vigo. No eido artístico o máis importante é o seu traballo en Linho do Cuco, grupo co que leva editados tres traballos dos que é productor (baixo os pseudónimos de Ansío Pere-Armé e Adolfito) e arranxista. Ademáis leva moitos anos tocando a dúo co zanfonista Óscar Fdz e colaborando en directo e en estudio con diferentes grupos: Ataque Escampe, Os Cempés, Motor Perkins….Ten un proxecto de cinema ambulante no que interpreta en directo bandas sonoras de films da vangarda europea, e tamén colabora a miúdo como músico e actor coas compañías de teatro de títeres Viravolta e Fantoches Baj.

José Miguel Viñas _ www.divulgameteo.es
Físico do Aire e comunicador científico, especialista en Meteoroloxía e temas afíns. É consultor da OMM e do Proxecto MoMet, de modernización do Servicio Meteorolóxico de México. É socio fundador e actual presidente de ACOMET (Asoc. de Comunicadores de Meteoroloxía), socio de AME (Asociación Meteorolóxica Española), AEC (Asociación Española de Climatología) e de AECC (Asociación Española de Comunicación Científica). Colabora habitualmente en multitude de revistas científicas e divulgativas e imparte conferencias e cursos por toda España. Publicou ata a data cinco libros de divulgación, sobre múltiples cuestións relacionadas co tempo e o clima. Destacan os seus traballos como meteorólogo en diferentes medios de TV, radio, prensa e Internet, así como a súa labor docente, como profesor de Meteoroloxía Aeronáutica (Aerea FTO, Aeromadrid). En televisión, traballou durante cinco anos (1999-2003) en Antena 3, formando parte do equipo de Meteoroloxía dos Servicios Informativos. Dende 2004 é colaborador habitual de RNE, con distintas seccións no magazín No es un día cualquiera, que dirixe e presenta Pepa Fernández. O seu espacio El tiempo del tiempo recibiu en 2006 unha Mención de Honra na séptima edición do concurso Ciencia en Acción. En 2007-2008 conduciu Las claves del clima, monográfico adicado ao cambio climático, e en 2008-2009 colaborou en En días como hoy, programa de Juan Ramón Lucas, con unha sección de divulgación meteorolóxica.

Francisco Remiseiro _ http://remiseiro.com/
Artista. Dende a súa infancia entra en contacto con oficios tradicionais ancestrais relacionados coa pedra e a madeira, que marcarán profundamente a súa maneira de entender e relacionarse coa materia. Na súa obra escultórica a figuración sempre foi unha constante. Algunhas das súas pezas establecen unha relación entre a entidade humana e o obxeto, explorando o carácter emocional das figuras e tratando de que o espectador sexa capaz de recoñecer nelas, máis que un corpo, unha emoción humana. Un forte e constante contido narrativo marca a súa obra. Éste, unido ao contexto que as rodea, fai que a súa linguaxe figurativa esté cargada dun profundo significado de gran actualidade. As súas obras forman parte de diversas coleccións en países como Canadá, España, Polonia, Dinamarca ou Siria. Participou en numerosas exposicións colectivas, feiras de arte, e en simposios internacionais de escultura, entre eles a Bienal de Realismo e Figuración Contemporánea, organizada pola Galería Clave no ano 2002, a feira Art Madrid na súa edición de 2008 ou o Simposio Internacional de Escultura de Plawno Puszcza Zielonka (Polonia) en 2012.


+ información e inscricións


Lugar de celebración

Granxa-Escola de Barreiros,S.L.
Crta. Sarria-Paradela-Portomarín, km 54 (LU-633)
Tel.(+34) 982 533 656- (+34) 698 129 000



INSCRIPCIÓNS e RESERVAS


. Confirmar a existencia de prazas e solicitar reserva á persona de contacto: Ana Cabado nos teléfonos: (+34) 982 284 094/ (+34) 982 221 630 ou por e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


. Unha vez confirmada a praza, descargar a Ficha de Inscrición, e remitila ao email anterior, —o por Fax, al número (+34) 982 250 696—


. Data límite de inscripción: xoves 25 setembro, a las 13:00h.
A Granxa Escola se resérvase o dereito de cancelar o Congreso se non se chegara a cubrir o mínimo de prazas necesario.


DESCARGA AQUÍ a Ficha de INSCRICIÓN.

PREZOS

 

Congreso + pensión completa + aloxamiento na Granxa: 130€

(Albergue, con habitaciones de 4, 6, 8 y 10 plazas, con literas)

Congreso +comidas +ceas, sen aloxamento: 95€

 

—AS PRAZAS SON LIMITADAS—



Actividade de PARATRIKE

Coste adicional de 70 € por persoa.
(É necesario saber o nº de persoas interesadas, para poder contratar a actividade, que se realizará por rigurosa orde de inscrición e sempre que o tempo non o impida).



ACTIVIDADES PARALELAS DURANTE O CONGRESO

* Exposición “Jirones”. Ceos e nubes ao amañecer. Fotografías de Pepe Jordana, textos de David Argüelles. Exposición na que está permitido xogar.

* Rogativa. Por se nos enfrontamos a un ceo sen nubes, preparamos unha rogativa para cantar a Néfele, deusa grega das nubes, en procesión.


Letra da rogativa:

Reverentes y postrados / ante vos divina aurora
Con humildad os pedimos / Traednos las nubes señora.

Traednos las nubes señora / Aunque no lo merezcamos
Que si por merecer fuera / Ni la tierra en que pisamos.



Elixe a voz que mellor che conveña... e ensaia un pouco.


RECOMENDACIÓNS

* traer unha tumbona para a sesta con nubes, e unha cámara de fotos, claro...
* traer roupa de abrigo e un bó calzado para pasear polo campo, por se se presentara o frío.
* traer saco de durmir —ou sabas e manta— se se quere durmir no albergue da Granxa Escola.



 

 

 

 

 

 

FaLang translation system by Faboba