Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

Cogomelos, fotografía e cociña

Roteiro micolóxico para recoñecemento e clasificación de cogomelos, guiado por Ignacio García González, biólogo e profesor da USC e por Ismael Tirados, biólogo e fotógrafo.


Obxetivos do curso:

  • Recoñecemento das principais características dos cogomelos:

Estudio da morfoloxía dos fungos, co fin de poder identificar os grupos principias de cogomelos así como os máis frecuentes.

  • Identificación dos principais hábitats nos que poden aparecer os cogomelos:

Preténdese observar, mediante as saídas de campo, os diferentes ambientes onde medran os cogumelos (prados, carballeiras, soutos de castiñeiros, piñeirais, corredoiras madeiras podridas…), e aprender onde buscar as especies máis importantes.

  • Aprender o modo de recoller os cogomelos:

Preténdese mostrar como recoller as especies tanto para observación como para consumo, colleitando os exemplares máis adecuados para cada uso e tratando de respeitar o entorno.

  • Aprender a recoñecer as principias especies de cogomelos de Galicia:

Preténdese que os asistentes aprendan as principais especies óptimas para consumo e, sobre todo, aquelas especies venenosas que poden causar fácil confusión, co fin de poder evitalas.

 

FaLang translation system by Faboba