Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

I Congreso Internacional de Observadores de Nubes

 

Presentación

Este I Congreso Internacional de Observadores de Nubes, naceu co propósito de reunir destacadas personalidades de numerosas disciplinas como a meteoroloxía, a fotografía, a música, a astronomía, a antropoloxía ou a iconografía, en torno ao apaixonante mundo das nubes.

Cun evidente carácter interdisciplinar e destinado a tódolos públicos, este primeiro encontro celebrouse na Granxa de Barreiros, en Sarria, un dos primeiros centros de información meteorolóxica de Galicia. (Ver instalacións da Granxa).

Descarga o cartel, e o Dossier para PRENSA (castelán) do Congreso.

Cómo chegar á Granxa de Barreiros?

Para calquera consulta, pode escribir a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamar ao telf: 982 221 630.

 

Programa

Viernes 26

Dende as 19:30 recepción dos asistentes.
21:30 Cea.

Sábado 27

9:30
Café con nube de leite.

10:30
Inauguración do congreso a cargo de Gavin Pretor-Pinney, Presidente da Cloud Appreciation Society. Conexión en directo, con videoconferencia, dende Londres.

11:30
¿Cómo se forman as nubes? Clasificación e identificación. Martín Barreiro. Meteorólogo.

13:30
¿Cómo fotografiar unha nube? Captura dixital. Elías Cueto. Arquitecto, fotógrafo e diseñador.

14:30
Comida con productos ecolóxicos da Granxa de Barreiros.

15:30
Sesta mirando ao ceo -opcional-.

16:30
Paseo á caza de nubes. Durante este paseo poñeremos en práctica as habilidades aprendidas para fotografar as nubes, e os coñecementos adquiridos para distinguir as súas diferentes clases, con Elías Cueto e Martín Barreiro.

18:30
As nubes na cultura popular: dos relatos sobre bruxos aos rumores e lendas contemporáneas.
Luis Díaz Viana. Antropólogo e escritor e Profesor de Investigación do CSIC.

19:30
¿Cómo editar unha nube? Edición dixital. Elías Cueto. Arquitecto, fotógrafo e diseñador.
Elección do primeiro premio de fotografía de nube ao voo, NEFELIBATA.

21:00
Cea.

22:30
Ceo profundo. Nebulosas e outros corpos. Marcos Álvarez Merinero. Divulgador científico do programa educativo da Axencia Espacial Europea, Técnico en teledetección espacial (EUMETSAT-EUMETCAST) e Responsable da sección de astronáutica da Sociedade Astronómica Asturiana.

23:30
Concerto. O Método Cardiofónico. O latido das nubes e outras melodías. Benxamin Otero, Pablo Pascual e Germán Díaz.

Domingo 28

dende as 8:00 almorzo autoservicio.

8:30
Amencer, caza de nubes matutina -opcional-
Voos en globo cautivo e Paratrike para ver as nubes de cerca. Para os menos atrevidos -ou os más cobardes-, visita guiada á iglesia románica de Santiago de Barbadelo.

11:00
As nubes na arte. Elena Lapeña. Artista investigadora.

12:30
As nubes dende o espacio. Obradoiro-actividade onde se procesarán datos enviados en baixa resolución de satélites NOAA-NASA dende o espacio, veremos mapas térmicos e imáxenes 3D das nubes e da atmosfera. Explicaremos cómo é a tecnoloxía que usan os satélites para observar o clima da Terra e falaremos do proxecto CERES da Nasa e do programa educativo da ESA (Agencia Espacial Europea). Por Marcos Álvarez Merinero.

14:00 Comida de despedida de nubólogos.


**********************

Actividades paralelas durante o Congreso

* Exposición de pinturas baixo o epígrafe "Obnubilados", a cargo do artista plástico lucense Ignacio López.

* Rogativa. Por si nos enfrentamos a un ceo sin nubes, temos preparada unha rogativa que cantaremos a Néfele, deusa grega das nubes, en procesión.

Letra da rogativa:

Reverentes y postrados  /  ante vos divina aurora
Con humildad os pedimos  /  Traednos las nubes señora.

Traednos las nubes señora  /  Aunque no lo merezcamos
Que si por merecer fuera  /  Ni la tierra en que pisamos.

Rogativa en mp3:




Poñentes / participantes

Gavin Pretor-Pinney
Estudiou na Westminster School licenciándose en Filosofía na Universidade de Oxford e en Deseño Gráfico no central Saint Martins College of Art and Designs. Traballou como deseñador e foi fundador da revista The Idler e cofundador e presidente da Cloud Appreciation Society. Colabora en diversos periódicos e revistas como Harpers & Queen e The Evening Standard. É autor da aclamada “Guía do observador de nubes” traducida e publicada en español en 2007, pola editorial Salamandra.

Martín Barreiro Carreira
Nacido en Lugo o 4 de xullo de 1977. Licenciado en Física pola “Universidade de Santiago de Compostela” en 2003. 2002-2010: Meteorólogo operacional e numérico en MeteoGalicia (Centro meteorolóxico autonómico, pertencente á Conselleria de Medio Ambiente) 2004-2010: Traballando no doctorado acerca do intercambio na interface atmósfera-océano. Na súa maioría traballando co modelo hidrodinámico MOHID 2000. 2002-2010. Meteorólogo da Televisión de Galicia (TVG) 2010-ata a actualidad Meteorólogo de TVE.
Publicacións escritas:
2011 Coautor de “El Libro de el Tiempo” Espasa Libros.
2012 Coautor de “El Libro de el Tiempo de la A a la Z” Espasa Libros.


Luis Díaz Viana
Antropólogo e escritor, foi Catedrático de Instituto en Soria, Profesor da Universidade de Salamanca, Investigador Asociado do Departamento de Antropoloxía da Universidade de Berkeley e é, na actualidade, Profesor de Investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Instituto de Lengua, Literatura e Antropoloxía do Centro de Ciencias Humanas e Sociais . Entre outros reconocementos e distincións, lle foron concedidos o Premio “Numancia de Periodismo” (1983), o Premio Nacional de Investigación Cultural “Marqués de Lozoya” do Ministerio de Cultura ao mellor artigo (1987) e o Premio Nacional de Folkore “Agapito Marazuela” (2006). Especializado na investigación da cultura popular e a literatura oral, é valorado internacionalmente como un dos máis destacados impulsores do coñecemento académico de ditas materias no ámbito hispano e un renovador dos estudios folklóricos en España. Membro do Consello de Redacción da Revista de Dialectología e Tradicións Populares (RDTP) e Director da Colección de Fontes Etnográficas “De acá y de allá” (ambas del CSIC), é evaluador do Standing Commitee for the Humanities de la European Science Foundation.

Elías Cueto
Traballou como fotógrafo, deseñador e arquitecto. Como fotógrafo aprendeu de Eduardo Momeñe, Oscar Molina, Carlos Cánovas, Guillermo Lluick ou Jose María Mellado e traballou especialmente no ámbito de fotografía de produto e arquitectura. Impartiu os cursos de fotografía, retoque dixital e iluminación técnica na Fundación Caixanova, a Universidade da Coruña, as Escolas Superiores de Arte e Deseño de Galicia así como fotografa de arquitectura para o Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España.
Neste curso Elías explica as características do medio audiovisual e a idea da fotografía como proceso: unha serie de traballos que implican tanto a captura como a edición, desde a elección da cámara ata o papel no que se imprime. Aprenderemos a recoñecer a calidade material das imaxes: Tamaño e resolución. Formatos. Histograma, enfoque, contraste xeral e local, etc. Posteriormente entenderemos como se configura a cámara e como se editan as imaxes para alcanzar esa calidade.


Marcos Alvarez Merinero
De perfil polivalente, creativo e multisectorial, é programador e deseñador de aplicacións baseadas en geolocalización. Formador e divulgador tecnolóxico-científico, e Técnico en teledetección aeroespacial, e satélites de observación ambiental, pola Universidade Politécnica de Madrid.
Nos últimos anos traballou nos seguintes campos e institucións: Jardín Botánico Atlántico de Gijón como divulgador científico, e en teledetección, participando ademáis en diversas charlas e conferencias.
Accións de varios talleres de teledetección ambiental. Centros de Recursos de Profesores do Principado de Asturias (C.P.R.): cursos de ciencias do espazo como recurso educativo e de interpretación de imáxenes de satélite para educación ambiental. Seminario de teledetección para xestión de recursos agroforestais.
En todos eles participa e desenvolve proxectos educativos altamente innovadores, achegando ao público as ciencias do espazo e do medio ambiente, e impartindo numerosos cursos e conferencias a todos os niveis.


Elena Lapeña
Artista, investigadora e profesora na Facultade de Bellas artes da Universidade de Vigo. Doutora en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid coa tese "O temperamento melancólico" (1994). Investigadora en DX5 (Dixital & graphic art research). É autora de artigos como Patinando nunha rabuñadura (2012), Do faro á ventá (2007), Do espello de Claude Lorrain a outros extensores sensoriais (2006), Una pa de neve ou a calor dun cadro no peto (2004), Veinte carpinteiros (1997), Chesire Whale (1995), A ver ao cazador Gracchus chega un hóspede imposible (1995).
Impartiu cursos de doutorado no ESAP (Porto, Portugal) e Máster de Creación e Investigación artística na Universidade de Vigo. A súa especialidade é a mirada e a lectura, na arte e na literatura.


Benxamín Otero Otero
Título de profesor polo Conservatorio Profesional de Música de Lalín (Pontevedra) na especialidade de Oboe. Especialidade de Óboe e Corno Inglés no Conservatorio Superior de Santiago de Compostela.
Participa nos Encontros da Escola de Práctica Orquestral da Orquestra Sinfónica de Galicia, así como en varios grupos de cámara, sendo fundador do Quinteto de Vento do Conservatorio de Lalín. Participa en numerosas ocasións como solista por toda a xeografía galega, acompañado da Orquestra Sinfónica de Lalín. No 2003 estrea a obra para óboe chan "Praeludium" de Jorge Villaorroya, obra que o compositor lle dedica. Seleccionado para intervir en concertos de prestixiosas bandas galegas como son a Banda Sinfónica de Galicia, a Banda da Federación de Bandas, a Banda Sinfónica do Deza ou a Agrupación Harmonía, sendo dirixido por directores tan destacados como Marcel van Bree, Henry Adams, James Ross ou Johan de Meij.
Compositor de bandas sonoras: curtametraxes "Chourizos e augardente", "Venres noite", "Aliendu" e "Alzheimer"; longametraxe "Piedade" do director Otto Roca.
Formou parte do espectáculo "Terra de sonos" do grupo Fuxan vos Ventos. Alumno de Dirección Coral co profesor Julio Domínguez.
Experiencia docente na Escola da Banda de Lalín como profesor de Linguaxe musical e de Óboe no 1998. Mestre de Linguaxe Musical e xefe de estudos de Central Folque, en Santiago de Compostela. Xefe de estudos do Conservatorio Profesional de Lalín.


Pablo Pascual
G.M. especialidade CLARINETE (CPM Teresa Berganza, Madrid; CSM Vigo) Actualmente cursa estudos de Grao Superior no CSM de Vigo e curso de posgrao en clarinete baixo na ESMUC con Harry Sparnaay. Membro fundador de MARFUL, xunto a Uxía Pedreira, Pedro Pascual e Marcos Teira. O seu primeiro disco é seleccionado Mellor Disco 2006 pola crítica de RTVG. Concertos en Madrid, Sevilla (Womex 2008),Barcelona, París, Glasgow, A Habana.
Membro fundador de LAIO; Interveñen na programación cultural de Porto Cidade da Cultura 01 e en Norteamérica en festivais do prestixio do Vancouver Folk Music Festival, Vitoria Roots Fest, Calgary Folk Festival, SunBeach en Seattle. 2º e 3º Premio Trofeo Hervé Lle Meur, de música tradicional, celebrado en Kemper, Francia (98). Colabora con J.M. Budiño realizando xiras por toda a península e intervindo en prestixiosos festivais internacionais: Lles Tombèes da Nuit (Rennes,98), Celtic Connections (Glasgow, 99 e 00), Intercéltico do Porto (99)... así como na produción do Día do Milenio, retransmitido en directo a máis de cen países.
Colabora en directo con diversos grupos: Gandy, Mago de Oz, Amizades Perigosas, Javier Bergia... Cronista musical das revistas culturais Santiago Sete Días e Audio Clásica. Colabora en directo no programa "A Tarde É Nosa" de TVG, ao longo de toda a súa emisión.
Actualmente desenvolve o seu labor docente en: Estudo Escola de Música, Escola Municipal de Música de Santiago e Escola de Música de Brión, Coruña. foi membro da Imaxina Sons Orquestra, orquestra de jazz de Galicia, que fixo a súa presentación oficial no festival de jazz de Vigo.
tocou ou gravado con músicos como Abe Rábade, Jesús Santandreu, Baldo Martínez, Antonio Bravo, Joana Machado, David Herrington, Diego Galaz, Jacky Molard ou Tony McManus. Como técnico de clarinetes, impartiu cursos técnicos no CPM de Santiago e no VIII curso de música de Bandeira, e traballa con asiduidade para a tenda Gallery Trumpets.


Germán Díaz
Realiza estudos de guitarra clásica e Filoloxía Clásica na Universidade de Valladolid así como o Curso de Posgrao "Especialista Universitario en Estudos sobre a Tradición". Estuda zanfona con Rafael Martín, Pascal Lefeuvre, Laurent Tixier, Isabelle Pignol, Gilles Chabenat, Nigel Eaton, Patrick Boufard, Laurence Bourdin, Valentin Clastrier, etc...
actuou por todo o mundo (Colombia, Alxeria, Rusia, Francia, Italia, Portugal, España, Austria, Bélxica, Alemaña, Bulgaria, Marrocos, Eslovenia, Finlandia, Suíza, Paises Baixos, Noruega, Moldavia, Ucrania...) en prestixiosas salas e festivais como o Teatro Real de Marrakech, ConcertGebaum de Amsterdam, Universidade de Colombia, Reais Alcázares de Sevilla, Odessa Jazz Carnival -Ucraína-, Casa dos arquitectos de Moscova, Amuz -Anveres-, Stans Music Festival -Suíza-, Storas Festival -Norueguesa-, European Jazz Night Festival -Oslo-, UER Festival -Finlandia-, Ethno Jazz Festival -Moldavia-, centro Kulturbrauerei -Berlin-, Nits de Música da Fundació Mirou -Barcelona-...
colaborou con numerosas formacións e intérpretes como Rao Trío, Viellistic Orchestra, Uxía, María Salgado, Laio, Nuke trío, Wafir Shekeldin Gibril, Pascal Lefeuvre, Valentin Clastrier, Joaquín Saura, Quarteto Medieval de Urueña, Paolo Angeli, Tasto Só...
Único zanfonista do estado que pertenceu á mítica Viellistic Orchestra, Orquestra de zanfonas asentada en Francia cos mellores instrumentistas do mundo. Este proxecto desapareceu en 2004, e Germán, formou un dúo co director artístico da Orquestra, Pascal Lefeuvre, e cofundou o Symphonía Quartet, cuarteto ibérico de zanfonas, xunto a Rafael Martín, Marc Egea e Pascal Lefeuvre.
En 1999 foi galardoado co premio Acio de Ouro da música polo seu labor de recompilación e difusión da música tradicional. En 2004 creou a súa propia discográfica, Producións Efémeras, xunto a Fernando Fontes, na que se deu unha especial atención a proxectos de zanfonistas como Marc Egea ou Matthias Loibner.
En 2005, foi elixido para representar a Castela e León na edición do PopKomm de Berlín, a máis importante feira discográfica do mercado centroeuropeo. En 2006, foi elixido para representar a España, na edición número 27 do Festival da Unión Europea de Radiodifusión (UER), a entidade que aglutina a todas as emisoras públicas do continente, celebrado en Finlandia.
En novembro de 2008, RNE clásica, dedicoulle un programa sobre a zanfona, en directo desde a Fundación Juan March de Madrid. En 2009 foi elixido pola Embaixada Española para representar ao noso país no prestixioso European Jazz Nights, en Oslo. O seu disco "Músicas populares da Guerra Civil" -dúo de zanfona e guitarra- , en colaboración con Antonio Bravo, foi elixido como segundo mellor disco do ano 2009 por Cadernos de Jazz, e mellor disco internacional pola veterana revista xaponesa Jazz Tokio.


Ignacio López
Técnico superior en Gravado, Serigrafia, Estampación e Arquitectura do libro, na Escola de Arte e Deseño Superior Ramón Falcón de Lugo.
Licenciado en Belas Artes pola Facultade de BB. AA. de Pontevedra, Universidade de Vigo. Actualmente compaxina o traballo de pintor coa profesión de docente en ESO e BAC no Colexio  Fingoi de Lugo, departamento de Artes.
Participou, entre outras nas seguintes exposicións:
Exposición colectiva “Cores da Historia en Lugo” 10 Uxío Novoneyra Lugo. Exposición Salón de outono, colectiva, Sarria Paris. Ars Moenia: Mostra Colectiva no Museo Provincial de Lugo, no Museo Nacional de Romenia (Cracovia) e na Sala Paseo del Arte do Centro Puerta de Toledo (Madrid). Exposición  individual  “Orishas”, Sala  de  exposicións  Deputación  Provincial  de  Lugo, Organiza, Museo Provincial de Lugo. Exposición individual, Galería Cabrera, La Habana (Cuba). “Trienal Latina” exposición colectiva internacional, Centro Pierre Cardinal en  Le Puy e Velay, Francia. Novos Fondos do Museo Provincial de Lugo, Exposición colectiva, Sala da Deputación Provincial, Lugo.
Seminarios e talleres: Seminario educación artística “Pensa no que ves” impartido por Amelia Arenas, organizado polo Centro Galego de Arte Contemporánea, en colaboración  co  Museo P. de Lugo. Taller de psicoloxía da imaxe. Daniela Romo. “El genio y otros mitos”, Centro de artesanía e deseño, Lugo.
Comisario do proxecto "Incisións" con  motivo do  75  aniversario  da  fundación  do  Museo  Provincial de Lugo, comisario  da  exposición final  de artistas  e  gravadores  lucenses. Primeiro premio no Concurso de carteis do Festival de Jazz Cidade de Lugo.


O Congreso nos medios de comunicación

Reseña na web da Cloud Appreciation Society, que preside Gavin Preto-Pinney, inaugurador do Congreso.

En
prensa:

24/10/2012 Prensa el correo gallego tendencias http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/permiso-sarria-estar-nubes/idEdicion-2012-10-24/idNoticia-773003/

25/10/2012 Prensa el correo gallego Opinión http://www.elcorreogallego.es/opinion/ecg/bonitas-son-nubes/idEdicion-2012-10-25/idNoticia-773170/

26/10/2012 Prensa La Voz de Rioseco diario web, M. de Rioseco http://www.lavozderioseco.com/?p=38065

26/10/2012 Prensa El Progreso fin_d http://elprogreso.galiciae.com/nova/205937.html

27/10/2012 Prensa El Progreso entrevista a Gavin Pretor http://elprogreso.galiciae.com/nova/206323.html

27/10/2012 Prensa Diario de Pontevedra final del congreso http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/206386.html

28/10/2012 Prensa EL mundo.es http://www.elmundo.es/elmundo/2012/10/28/cultura/1351424540.html

28/10/2012 Prensa La Voz de Galicia final del congreso http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2012/10/28/cielo-mostro-imagen-negra-granxa-barreiros/0003_201210L28C12995.htm

29/10/2012 Prensa El Progreso final del congreso http://elprogreso.galiciae.com/nova/206598.html

radio:

21/10/2012 Radio RNE3 El bosque habitado : http://www.rtve.es/alacarta/audios/el-bosque-habitado/bosque-habitado-hombre-plantaba-arboles-21-10-12/1557424/

26/10/2012 Radio RNE Esto me suena : http://www.rtve.es/alacarta/audios/esto-me-suena-en-rne/observadores-nubes/1562006/

26/10/2012 Radio Radio Cev enlace a rtve : http://radiocev.blogspot.com.es/2012/10/en-la-nube-i-congreso-internacional-de.html

26/10/2012 Radio Onda Cero La brújula : http://www.ondacero.es/audios-online/la-brujula/opinion/fauna-semanal/fauna-semanal-congreso-internacional-observadores-nubes_2012102600138.html

26/10/2012 Radio Radio Obradoiro : http://www.radioobradoiro.com/portada/ro/sarria-acoge-i-congreso-internacional-observadores-nubes/idEdicion-2012-10-26/idNoticia-773492/

26/10/2012 Radio RNE3 En la nube : http://www.rtve.es/alacarta/audios/en-la-nube/nube-congreso-internacional-observadores-nubes-26-10-12/1562082/

TV:

25/10/2012 TV RTVE 2 telediario : http://www.rtve.es/alacarta/videos/la-2-noticias/2-noticias-25-10-12/1561968/

26/10/2012 TV RTVE telexornal Galicia : http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-2-26-10-12/1562742/

26/10/2012 TV CRTVG ESTÁ PASANDO -9:19:00 : http://www.crtvg.es/esta-pasando/observadores-de-nubes-danse-cita-en-sarria-452136#.UI_Q3-T8JCY

26/10/2012 TV TVG Galicia noticias serán : http://www.crtvg.es/informativos/no-congreso-de-observadores-de-nubes-aprenden-as-claves-para-fotografalas-452271#.UI53BG9dOAg

27/10/2012 TV RTVE 1 Telediario http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/expertos-afirman-observar-nubes-bueno-para-salud/1563623/

27/10/2012 TV TVG Telexornal : http://www.crtvg.es/informativos/congreso-de-observadores-de-nubes-en-sarria-452214#

30/10/2012 tV V Televisión entrevistas varias. 2 partes http://www.vtelevision.es/informativos/historiasdeltiempo/2012/10/24/0031_62_156508.htm

O Congreso na Cloud Appreciation Society

Reseña na web da Cloud Appreciation Society, que preside Gavin Pretor-Pinney, inaugurador do Congreso.


FaLang translation system by Faboba