Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

Os próximos días 26 e 27 de setembro de 2015 terá lugar na Granxa de Barreiros o Obradoiro de elaboración de xabóns artesanais e cosmética natural. O obradoiro será impartido por María Antonia López Pérez, educadora e directora de proxectos de Ambientarte.

O Obradoiro está destinado a todas aquelas persoas adultas afeccionadas á artesanía que desexen aprender a elaborar xabón artesanal e varios produtos de cosmética natural.


O Obradoiro pretende mostrar e practicar receitas de xabóns que todo o mundo pode realizar na casa, con substancias sinxelas e naturais. O resultado serán produtos útiles, ecolóxicos e económicos.

Os obxectivos do Obradoiro son aprender as técnicas de elaboración da xabón de forma artesanal, coñecer os procesos químicos básicos involucrados nelas e aprender a xestionar os residuos dómesticos como o aceite.


Tódalas persoas participarán na elaboración da variedade de produtos cosméticos naturais obtidos no Obradoiro e poderán levarse unha mostra destes.


Para coñecer o programa completo dos contidos das sesións descargue o FOLLETO INFORMATIVO (pdf), castelán.


As DATAS e os HORARIOS son os seguintes:


26 e 27 de setembro, con dúas sesións cada día:
de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

 

 


PREZOS:
1 sesión (2 niveis): 63 €
1 sesión con comida: 71 €

2 sesións: (4 niveis): 120 €
2 sesións con comida: 135 €
2 sesións con pensión completa: 155 €


INSCRICIÓNS
1.- Solicite reserva nos teléfonos 982 533 656 / 698 129 000 ou vía email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para confirmar a existencia de prazas.
2.- Encha a Ficha de inscrición (disponible aquí, pdf) e envíea vía email ou fax á Granxa de Barreiros acompañada do xustificante bancario.


A organización resérvase o dereito a cancelar a actividade se non se cubren un mínimo de prazas.

 

 

 

FaLang translation system by Faboba