Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

IV Curso Infantil de Música Tradicional Galega

 

Os próximos días 22, 23, 24 e 25 de xuño de 2015 celebrarase na Granxa de Barreiros o IV Curso Infantil de Música Tradicional Galega, organizado polo Centro de Música Fingoi. Está dirixido a nenos e nenas de 7 a 14 anos. Nel, poderase iniciar ou mellorar os coñecementos dos instrumentos e bailes galegos. O obxectivo principal do curso é disfrutar do folclore galego nas diferentes especialidades, profundizando na que máis guste e iniciándose nas descoñecidas.

As especialidades do Curso son:

 

  • Gaita (a cargo de Pepe Vaamonde)

Aprenderemos un repertorio sinxelo para gaita, a respirar adecuadamente e a temperar o fol.

  • Percusión (a cargo de Miguel Anxo "Chino")

Iniciación á técnica da percusión tradicional con pandeireta, tamboril e bombo.

  • Baile (a cargo de Xabi Iglesias)

Aprenderemos a estructura e a construción dos puntos dos bailes soltos e a montar bailes sinxelos.

[Descarga o folleto do Curso con contidos completos]

 

O prezo (195 €) inclúe traslado ata a Granxa dende o Colexio Fingoi o luns 22 de xuño ás 18:00 horas, pensión completa, profesorado especialista, monitores da Granxa, seguros e alimentación sana con produtos naturais.

 

Inscrición

Poderá reservarse praza na secretaría d Centro de Música Fingoi,

nos teléfonos 982 284 094 / 982 221 630

e nos emails Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Tamén descargando directamente a FICHA DE INSCRICIÓN e entregándoa debidamente cuberta nas direccións anteriores (en persoa ou por email).

 

 

 

 

 

 

FaLang translation system by Faboba