Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

VI Curso de Música Tradicional Galega

 

Pulse sobre a imaxe para ver o video:

 

Os próximos días 18 e 19 de abril de 2015 celebrarase na Granxa de Barreiros o VI Curso de Música Tradicional Galega e Conxunto Folc.

O Curso está destinado a xoves a partires de 15 anos e adultos en xeral, músicos, mestres de educación musical, profesionais da música, danza, teatro,... e ten como obxectivo mostrar unha visión completa da música tradicional galega, participando e disfrutando os alumnos dunha visión global do folclore.

Este ano amplíase a oferta musical coa incorporación do conxunto folc: zanfona, acordeón diatónico e bouzouki (aberto a máis instrumentos).

 

Os profesores participantes desta edición son os seguintes:

 

  Pepe Vaamonde (Gaita)

  Miguel Anxo López Buján "Chino" (percusión)

  Javier Feijoó "Chisco" (canto e pandeireta)

  Xabier Iglesias Castro (baile)

  

   e no Conxunto Folc (coordinados por Pedro Pascual) (+ INFO Conjunto Folc)

    Germán Díaz (zanfona)

    Pedro Pascual (acordeón diatónico)

    Xurxo Iglesias (bouzouki).

 

 

Descarga AQUÍ o FOLLETO INFORMATIVO para coñecer os contidos, curriculum dos profesores, horarios e precios.

 

 

INSCRICIÓN

[INSCRICIÓN PECHADA]

 

Tamén pode realizarse a inscrición presencialmente no Centro de Música Fingoi, de 9 a 14 h e de 16 a 19 h.

A praza quedará reservada en canto se reciba a ficha de inscrición acompañada do xustificante bancario.

As prazas son limitadas e atendidas por orde de inscrición.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FaLang translation system by Faboba