Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

Visitas á Granxa

Visitas á Granxa

 

VISITAS GUIADAS / COMIDAS / OBRADOIROS

imprescindible solicitar cita previa en

Tel: 982 533 656 - 698 129 000

mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Fin de tempada de visitas de outono: 15 novembro 2019

Tempada de visitas 2020: do 5 abril ata 8 novembro 2020

 

Na Granxa de Barreiros organizamos visitas guiadas para familias e público en xeral. Ademáis, pode reservar mesa para comer os nosos menús elaborados con produtos naturais parte deles procedentes da nosa horta ecolóxica.

VISITA GUIADA INTERACTIVA:

Farase un percorrido guiado polas instalacións da granxa, onde visitaremos aos nosos animais de raza autóctona, para ver como viven e os coidados que necesitan. Os nenos darán de comer a algúns deles (conexos, galiñas), recollerán ovos, etc. Tamén nos achegaremos á nosa horta ecolóxica.

 

Duración da visita: 2 horas.

Destinatarios:familias e público en xeral.

Nº prazas: de 4 a 15 prazas.

Horarios:

   Mañá de 11:00 a 13:00 horas.

   Tarde: de 16:00 a 18:00 horas.

Prezo: 8 €. (menores de 2 anos gratis, pero deben ir acompañados dun adulto).

[ 6 € se está aloxado/a no Albergue ou Casiña de Asunción ]

O prezo inclúe: visita guiada por un monitor/a especializado e tentempié ou merenda.

 

OBRADOIROS: 

Dispoñemos de obradoiros variados e distintos para nenos e adultos, deseñados a medida según as características de cada grupo. Por exemplo: obradoiro de cestería con material de refugallo, afieltrado, fabricación de pan artesanal, obradoiro de horto ecolóxico...

Cada persoa levará un recordo feito por sí mesmo de cada obradoiro realizado.

Prezos: Desde 6 € por participante (en función do obradoiro a realizar).

 

COMIDAS:

A nosa comida é de elaboración propia con produtos sans e de tempada, parte de eles procedentes da nosa horta ecolóxica.

Prezos: Pedir presuposto.

O prezo variará en función do menú escollido.  

 

 

 

FaLang translation system by Faboba