Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

 

>> DATAS, PREZOS E HORARIOS

Campamentos 2019

 

>> INFO para PAIS/NAIS

(o que os nenos/deben traer, equipaxe e normas)

 

>> SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA

(PRAZAS LIMITADAS)

 

Cada verán a Granxa de Barreiros organiza campamentos temáticos (de natureza, musical e de Artes Escénicas) para nenos e nenas de 5 a 12 anos (os de natureza), de 7 a 16 anos (campamento musical e de 10 a 16 anos (campamento de Artes Escénicas) nos que se dan encontro rapaces e rapazas de toda Galicia e España.

              minifolleto

  DESCARGA O FOLLETO dos Campamentos 2019 (pdf, 4,6 MB)

 

Nesta época vacacional dos nenos procuramos que a Granxa de Barreiros sexa un lugar de aprendizaxe nun ambiente familiar, saudable e lúdico. A estancia na Granxa é unha forma de aprender a amar e valorar a vida.

 

Consideramos que todo lo que se vive educa, e que todos os adultos, docentes e non docentes, que conviven cos nenos teñen unha responsabilidade educativa e colaboran a crear un clima de seguridade e confianza que eleva la calidade educativa.


Respétanse as características individuais de cada persoa. Cada neno e nena aprende a ser un mesmo, a pensar, a ser persoa, a convivir, a comportarse, a decidirse,... nunha tarefa compartida entre todos os membros da Granxa. Para conseguir os nosos obxectivos e que os nenos/as convivan como en familia, desfrutando ao máximo da estancia, as prazas están limitadas.

 

UNHA ALIMENTACIÓN SA E EQUILIBRADA


Con menús ao alcance das necesidades dietéticas e adaptados á idade con dietas equilibradas; elaborados polas nosas cociñeiras, con produtos sans e naturais, parte deles procedentes da nosa Granxa e horta ecolóxica.

Respetamos circunstancias especiais como alerxias e intolerancias dos nenos e nenas.


 

UNHAS ACTIVIDADES QUE XIRAN EN TORNO A UN EIXE TEMÁTICO

 

Cada unha das estancias ten a súa programación centrada nun eixe temático en torno ao que xiran todas as actividades. Esta programación é entregada á familia de cada neno/a o día de chegada á Granxa.

Organizamos actividades para unha educación natural e ambiental, unha educación para a Arte e para a Comunicación, aberta a un mundo en proceso de cambio.

As actividades son interdisciplinares, conxugando natureza e ecoloxía, arte, ciencia, etnografía, etc, potenciando a súa creatividade e imaxinación a través da realización de diversas rutas interpretativas, obradoiros, actividades de crecemento persoal, dramatizacións e xogos cooperativos.

Os seus traballos na granxa e no horto ecolóxico e a investigación da contorna natural fan que aprendan a valorar e a amar a natureza.


Todas as actividades favorecen a convivencia e a relación cos seus novos amigos, a súa autonomía e responsabilidade, facendo que os nenos e as nenas recorden a súa estancia na granxa como unha experiencia inolvidable.

 

 

 

FaLang translation system by Faboba