Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

Informacion de los campamentos para padres y madres

 

IMPORTANTE PARA PAIS/NAIS OU REPRESENTANTES LEGAIS

 

- Obrigatorio traer o orixinal da Tarxeta Sanitaria.

- MEDICAMENTOS (para os que o necesiten): nunha bolsa aparte, marcada co seu nome, traerá as medicinas que necesiten coas instrucións pertinentes.

É imprescindible adxuntar fotocopia de informe médico no caso de enfermidade, tratamento, alerxia ou intolerancia.

- CHAMADAS TELEFÓNICAS:

  • Horario de chamadas: de 16:00 a 17:00, todos os días excepto os días de saída da Granxa (ver programación entregada a pais o día de chegada).
Os pais, nais ou representantes legais serán informados da integración dos seus fillos/as ao longo da súa estancia no campamento. Estas chamadas serán atendidas pola Dirección ou persoal autorizado. Coa fin de non interrumpir a dinámica individual e xeral do grupo, os pais non falarán directamente cos seus fillos durante a estancia.

 

EQUIPAXE PARA TODOS OS CAMPAMENTOS

  • Saco de dormir
  • CALZADO
  • 2 pares de deportivas: para a súa estancia na Granxa e para as actividades de granxa e horta.
  • 1 catiuscas (para as actividades de granxa e horta)
  • 1 par de chanclas para a ducha e piscina.
  • ROUPA:

Os pais calcularán o número de mudas en función da duración da estancia, poderán incluir algunha outra vestimenta que consideren oportuna e recomendamos que a ropa sexa de trote.

  • 1 pixama
  • Mudas de roupa interior
  • Calcetins
  • Camisetas.
  • Xerseis ou sudaderas.
  • Pantalóns curtos
  • Pantalóns largos
  • 1 impermeable para a choiva.
  • 1 gorra para o sol

A roupa virá marcada co nome do neno/a para impedir posibles pérdidas ou cambios.

Cada 2 días se lle recollerá a roupa sucia para lavar. Para iso cada neno/a traerá unha bolsa de tea, marcada co seu nome.

 

  • ASEO, DUCHA E PISCINA
  • Bolsa de aseo con: cepillo e pasta de dentes, peite, xel de ducha e champú.
  • Gorro de ducha.
  • 1 Toalla para a ducha.
  • 1 Toalla para a piscina.
  • 2 bañadores.
  • Crema protectora solar.

 

ADEMÁIS:

Para o Campamento Musical:

Aportación de INSTRUMENTOS:

Os nenos e nenas que dispoñan de instrumento propio, que sexan transportables, deberán traelo ao campamento; no caso de resto de instrumentos será o Centro de Música quen os aporte, así como tamén haberá instrumentos de diferentes especialidades.

 

Para o Campamento de Artes Escénicas:

Os nenos e nenas deberán traer uns pantalóns negros ou mallas negras e unha camiseta negra. A Granxa dispoñerá do resto de material necesario para o desenvolvemento das actividades.

 


OPCIONAL

Ademáis do arriba citado, os nenos e nenas poderán traer se o desexan:

- Algún obxeto de apego para a noche.

- O seu libro preferido para ler ou intercambiar polas noites antes de dormir.

- 1 raqueta de ping-pong, marcada co seu nome.

 

NON ESTÁ PERMITIDO TRAER Á GRANXA

- Teléfonos móbiles, tablets, reloxos intelixentes ("smartwatch")
- Lambetadas.
- Camára fotográfica ou de video.
- Xogos electrónicos e de son.
- Obxetos punzantes: navallas, coitelos, etc…
- Obxetos de valor (a Granxa de Barreiros no se fai responsable da súa pérdida ou desaparición).

 No caso de encontrar algún destes obxetos, recollerase ata o final da estancia na Granxa, momento no cal será devolto.

 

[ VOLTAR A INICIO Campamentos Verán 2019 ]

 

 

 

 

FaLang translation system by Faboba