Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

Campamento musical 2019

 

O Campamento musical está formado por profesores titulados do Centro de Música Fingoi, e está pensado para que os nenos e nenas (de 7 a 16 anos) disfruten da música e do seu instrumento. Por iso, as clases de instrumento están enfocadas a atender os gustos e inquietudes dos mesmos, e a partir deles, os profesores fan partituras persoalizadas, aconsellándolles para que vaian a distintos grupos: clásico, pop, rock, tradicional…

Ademáis, todos os nenos/as forman parte do coro e da orquestra, nos que se traballan distintos estilos musicais, co fin de que os coñezan e se familiaricen con eles; sempre se organiza un eixe temático que é o que da lugar ao Concerto de Fin de Campamento.

Ao longo de todo o campamento tamén se organizan distintos obradoiros tanto musicais como ambientais.

 

Especialidades musicais:

Piano, acordeón, canto, guitarra, guitarra e baixo eléctrico,

violín, viola, violonchelo, contrabaixo,

trompeta, bombardino, trompa, trombón, tuba, oboe,

clarinete, saxo, fagot, frauta travesera,

gaita e percusión galega, zanfona, acordeón diatónico e percusión.

 

 

Aportación de instrumentos:

Aqueles que dispoñan de instrumento propio, que sexan transportables, deberán traelo ao campamento; no caso do resto de instrumentos será o Centro de Música quen os aporte, así como tambén haberá instrumentos de diferentes especialidades.

 

el precio de los campamentos incluye


Grandes especialistas en música e en educación ambiental, altamente cualificados en diversas áreas formativas.


Profesores titulados de música do Centro de Música Fingoi, cunha gran cualificación e experiencia. Todos eles son especialistas recoñecidos tanto a nivel concertístico como didáctico.


• Actividades diversas de música, cunha amplia oferta de especialidades musicais.


Obradoiros musicais con temáticas variadas a cargo de artistas colaboradores que cada ano nos visitan así como obradoiros de lutería, concertos de alumnos e profesores, etc.

Diversas rutas interpretativas polo entorno, actividades e obradoiros medioambientais.


• Personal non docente (de mantemento da Granxa, cociña, limpeza).



 

[ VOLTAR A INICIO Campamentos Verán 2019 ]

 

 

FaLang translation system by Faboba