Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

AVISO:

Ante o avance da epidemia de coronavirus, e tendo en conta as recomendacións das autoridades sanitarias co obxectivo de contención da enfermidade,

QUEDA SUSPENDIDO o "V CURSO DE CLARINETES".


De producirse calquera cambio, informarase debidamente.

 

 

Os próximos días 17, 18 e 19 de abril de 2019 celébrase na Granxa de Barreiros o "V Curso de Clarinetes". 

O Curso está destinado a estudantes, afeccionados e entusiastas do clarinete a partir dos 8 anos. O obxectivo do Curso é traballar o control das habilidades técnicas, profundizar no repertorio (de cámara e orquestral), coñecer os distintos tipos de clarinetes históricos e fomentar a escoita activa e a práctica instrumental en conxunto. Este ano, o repertorio está adicado ao 250 aniversario do nacemento de Beethoven.

O profesorado está composto por: Adrián Balboa, Carlos Timiraos e Manuel Montero.

O nº de horas de formación é de 16 horas. Expedirase certificado de asistencia ao final do curso.

 

HORARIOS e PREZO
Comenzamos o venres 17 de abril ás 17:30 horas e rematamos o domingo 19 de abril cun concerto ás 16:00 horas.

Prezo (antes do 1 de abril): 120 €. (Despois do 1 abril: 135 €).

O prazo de inscrición remata o 3 de abril de 2020.

O prezo inclúe pensión completa, profesorado especialista, seguros e alimentación sa con produtos naturais e de tempada. O lugar de celebración é a Granxa de Barreiros.

 

DESCARGA O FOLLETO INFORMATIVO

 

INSCRICIÓN
Deberase solicitar reserva de praza no teléfono 982 284 094 (de 9:00 a 16:00 horas), ou vía email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

Unha vez confirmada a praza, enviaráselle a ficha de inscrición, (para que a remita cuberta e asinada), xunto coas instrucións para o pago da matrícula.

 As prazas son limitadas e atendidas por rigorosa orde de entrega e formalización.

 

Máis información no teléfono 982 284 094 ou mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

FaLang translation system by Faboba