Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

Os vindeiros 16 e 17 de novembro de 2019, a Granxa de Barreiros organiza unha estancia de fin de semana (opcional fin de semana completa, ou ben só sábado ou domingo). Está dirixida a todos os públicos: familias, amigos, etc, coa fin de gozar da diversidade que nos ofrece a natureza nesta estación do outono.

Realizaranse diferentes actividades que inclúen: paseos, obradoiros de outono, xogos, a nosa cociña, baile... e moito máis!

As actividades adaptaranse ao nivel e idade dos inscritos, organizando se se precisa grupos de adultos e nenos/as, para que todos saquemos o máximo partido da experiencia.

 

PROGRAMA E TARIFAS

 Elixe a túa opción:

 

FIN DE SEMANA COMPLETA

(sábado 10:00 h a domingo 16:00 h): inclúe todas as actividades, con persoal especializado, material, merendas, comidas e aloxamento.

Prezo: 85 € (adultos), 75 € (nenos/as de 3 a 12 anos)
Os menores de 3 anos terán a asistencia gratuíta acompañados dun adulto.

 

Sábado 16 (10:00 a 18:00 horas):


TEMPO DE OUTONO con actividades de mañá e tarde + xantar + merenda.

Prezo: 40 € (adultos) e 30 € (nenos/as de 3 a 12 anos)

 

Domingo 17 (10:00 a 16:00 horas):


XORNADA MICOLÓXICA e xantar

coa participación de José Castro (membro da Sociedade Micolóxica LUCUS).

Prezo: 25 € (adultos) e 15 € (nenos/as de 3 a 12 anos).

 

Para as inscricións de fin de semana completa:
Todas as camas dispoñen de saba de abaixo e funda de almofada de tea. É recomendable traer saco de durmir e toalla. Para os que o desexen a Granxa dispón de servicio de aluguer de roupa de cama e toallas.

RECOMENDACIÓNS: os asistentes deben traer calzado e roupa axeitada para as saídas ao campo.

 


RESERVAS e +INFO:

+ Info: 982 533 656 - 698 129 000

 mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

FaLang translation system by Faboba