Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

banner encontro orquestral

Os próximos días 6, 7 e 8 de setembro de 2019 terá lugar na Granxa de Barreiros o V Encontro Orquestral, impartido por Xan Carballal e Manuel Fernández.


Durante a fin de semana os alumnos formarán unha orquestra, coa que aprenderán a tocar en grupo, a coñecer as súas posibilidades, escoitar ós seus compañeiros, a mellorar a súa autoconfianza,… no entorno natural da Granxa de Barreiros.

O profesorado está composto por profesores do Centro de Música Fingoi, da LUCA e da Orquestra Clásica de Xove, todos eles dirixidos por Xan Carballal e Manuel Fernández.

 

minifolleto v encontro orqDescarga o folleto informativo

 

 

Horario

Entrada día 6 setembro entre 10:30 e 11:30 h.
Concerto final: día 8 ás 17:00 h.

 

Prezo

125 €. Inclúe clases, estancia, pensión con comida caseira, atención dos educadores da Granxa e seguros.

 

Información e inscricións

982 284 094 - 982 221 630
O prazo de inscrición remata o 2 de setembro (despois, consultar).

 

 

FaLang translation system by Faboba