Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

banner Da rapa da ovella ao tecido

A fin de semana do 4 e 5 de maio de 2019 celébrase na Granxa-Escola de Barreiros o Especial Familias: "Da rapa da ovella ao tecido".  Con este programa pretendemos que toda a familia descubra e valore a beleza do noso medio natural e rural coñecendo os seus costumes, usos e tradicións.

Coñecer o proceso de xeito ameno, compartido e participativo en todo o referente á ovella e a la: orixe, rapa tradicional con tesoiras, cardado, fiado e tinguido para chegar á elaboración de diferentes obradoiros con fibras naturais: tapices, feltro, etc.

Ademáis, disfrutaremos dun paseo para coñecer os animais e o horto da nosa granxa ecolóxica.

 

PREZOS

85€/persona (Adultos e nenos/as a partir de 13 anos).

75€/persoa (nenos/as de 3 a 12 anos).

    Os menores de 3 anos non pagan, pero é obrigatorio que estean acompañados dun adulto.

No prezo está incluido persoal especializado da granxa, actividades, material, comidas, ceas, merendas e aloxamento.

 

HORARIO do FIN DE SEMANA

   Entrada sábado de 10:00 a 11:00 horas.

   Saída domingo ás 17:00 horas.

 

INSCRICIÓN

Deberase solicitar reserva de praza nos teléfono 982 533 656 - 698 129 000 (de 11:00 a 19:00 horas), ou vía email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

Unha vez confirmada a praza, se lle enviará a ficha de inscrición, (para que a remita cuberta e firmada), xunto coas instruccións para o pago da inscrición.

As prazas son limitadas e atendidas por rigurosa orde de entrega e formalización.

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 2 DE MAIO 2019

 ovejas en el prado

FaLang translation system by Faboba