Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

Os próximos días 17, 18 e 19 de mayo de 2019 celebramos na Granxa de Barreiros o "VIII Curso Xuvenil de Música e Baile Tradicional". 

O Curso está destinado a xoves entre 10 e 17 anos. O obxectivo do Curso é mostrar unha visión xeral da nosa música tradicional e baile galego, participando e desfrutando do folclore nun entorno diferente e natural. 

O profesorado está composto por: Pepe Vaamonde (gaita), Miguel Anxo López Buján “Chino” (percusión), e Xabier Iglesias Castro (baile).

 

HORARIOS e PREZO
Comenzamos o venres 17 de maio ás 10:00 horas e rematamos o domingo 19 de maio cun concerto ás 18:00 horas.

>> Os participantes serán trasladados en autobús dende o Colexio Fingoi á Granxa de Barreiros o venres 17 de maio ás 09:30 horas.

Prezo: 175 €.

O prezo inclúe pensión completa, profesorado especialista e monitores da Granxa, seguros e alimentación sana con produtos naturais e de tempada.

 

DESCARGA O FOLLETO INFORMATIVO.

 

INSCRICIÓN
Deberase solicitar reserva de praza no teléfono 982 284 094 (de 9:00 a 16:00 horas), ou vía email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

Unha vez confirmada a praza, se lle enviará a ficha de inscrición, (para que a remita cuberta e firmada), xunto coas instruccións para o pago da matrícula.

 As plazas son limitadas e atendidas por rigurosa orde de entrega e formalización.

 

Máis información no teléfono 982 284 094 ou mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

FaLang translation system by Faboba