Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

 

------------------------------------------------------------------

Con motivo do estado de alarma decretado polo goberno, quedan suspendidas todas as actividades educativas

e de “granxa-escola” ata novo aviso.


A actividade da horta ecolóxica continúa coa venda dos nosos produtos de tempada.


Pode contactar coa Granxa de Barreiros

no teléfono 698 129 000 (en horario de 10:00 a 18:00 horas)

ou en: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

------------------------------------------------------------------

suspension camps es

 

Neste curso nos centraremos na elaboración e decoración de cupcakes. Será un curso de iniciación no que entraremos en contacto coas principais ferramentas e ingredientes que se empregan con estes doces, coñeceremos algunhas das receitas máis populares e aprenderemos a decoralos. Descarga o folleto (galego).

Obxetivos

  • Coñecer e saber empregar os materiais e as ferramentas que se precisan na elaboración e decoración dos cupcakes.
  • Adquirir os saberes necesarios no relativo aos ingredientes máis usados nas receitas de cupcakes.
  • Coñecer as receitas de cupcakes máis coñecidas, tanto do biscoito como da cobertura.
  • Aprender a traballar o fondant.
  • Saber manexar unha manga pasteleira.
  • Saber decorar un cupcake tanto con crema como con fondant.


O curso será impartido pola especialista Sara Pequeño. Visite o Facebook de Sara Pequeño.


Horario:
Debido ao límite de prazas (10-12 persoas), este curso terá dúas convocatorias a elexir: sábado 9 de marzo de 16:30 a 20:30 horas, e domingo 10 de marzo de 10:00 a 14:00 horas.


O prezo do curso é de 45 euros (adultos), 40 euros (de 10 a 14 anos).
Este prezo inclúe: clases e material necesario, descanso con café e doces.

INSCRIPCIÓN: 1.- Descargue Ficha Inscripción >> 2.- Encha os datos >> 3.- Envíe a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CONTIDOS DO PROGRAMA

1.Parte teórica:

O cupcake. Introdución.
Qué é.
Ingredientes básicos.
Materiais: esencias, colorantes, decoración.
Ferramentas.
Receitas máis populares.
Trucos e consellos para ter en conta.
Libros e webs de consulta.

Decoración I. Crema de manteiga.
Elaboración. Receitas máis comúns.
Cómo se aplica: tipos de mangas; tipos de boquillas; modos de cubrir un cupcake.

Decoración II. Fondant.
Elaboración.
Utensilios para traballar o fondant.

2.Parte práctica:

Elaboración de cupcakes.
Elaboración da crema de manteiga.
Aplicación da crema de manteiga.
Traballo co fondant.
Elaboración de figuras decorativas en fondant para os cupcakes.

FaLang translation system by Faboba