Esta páxina web emprega cookies para recopilar información con fines estadísticos e de uso da web. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso.

visitas escolares

tradicional banner web 2020

 


-A programación do Congreso está dirixida soamente a público adulto-

· Venres 22 ·

desde as 19:30 Recepción de participantes e relatores.
21:30
Cea con produtos ecolóxicos da Granxa de Barreiros.


· Sábado 23 ·

09:30 Almorzo —incluíndo café/té cunha nube de leite, abofé—.
10:30 Presentación e inauguración do congreso.

11:00 Luke Howard: o home que puxo nome ás nubes
por José Miguel Viñas, meteorólogo e comunicador, actual presidente de ACOMET —Asociación de Comunicadores de Meteoroloxía—.


12:30
Variacións de cine e nubes
por Esmeralda Barriendos, tradutora, crítica de cine, con quen daremos un paseo entre imaxes, para descubrir como nos amosaron as nubes algúns dos máis interesantes creadores da chamada sétima arte.


14:30
Xantar con produtos ecolóxicos da Granxa de Barreiros.


16:30 Sesta, ollando ao ceo —opcional, claro—.

17:00 Paseo á caza de nubes.
Durante o cal poñemos en práctica as nocións e os coñecementos aprendidos con José Miguel Viñas, acompañados tamén por Rubén del Campo. A continuación, ou durante o paseo, procederemos á seguinte actividade:

18:00
Visita-inauguración do cianómetro da Granxa Escola Barreiros.

Inspirado no inventado por H.B. de Saussure en 1789 – Porque non sempre hai nubes e o azul do ceo nunca é o mesmo–.
Acompañados no paseo por Fernando Fuentes, que nos explicará en que consistiu esta aportación de Saussure, e como o seu invento inspirou algúns dos creadores actuais, que teñen elaborado fermosas obras baseándose nel.


20:30
Cea.


22:30
Concerto con Fetén Fetén: Nefelibatas.

Un paseo musical polas nubes, co dúo formado por Diego Galaz —violín, serrucho, violín trompeta, phonoviolín, mandolina, gaviotas e... vacas— e con Jorge Arribas —acordeón, vibrandoneón, frauta-cadeira de cámping, ala de voitre, castañolas e... chocas—.

00:30
(ou así) A partir desta hora poden pasar cousas inesperadas...
Nebulosas, estrelas fugaces, curtas e películas de nubes... pero nunca se sabe... Todo depende...



· Domingo 24 ·

desde as 8:00 Almorzo autoservicio para madrugadores.

8:30 Amencer, con caza de nubes matutina —opcional—.
Voos en Paratrike —para ver as nubes máis preto, toda a mañá, ata as 14:30—.
Para os menos atrevidos —ou os máis prudentes—, sempre é posible dar un tranquilo paseo entre castiñeiros, e néboas...

10:30
Os fotometeoros: cores nas nubes
por Rubén del Campo Hernández; Técnico de meteoroloxía en AEMET, Axencia estatal de meteoroloxía, y divulgador meteorolóxico.

12:00
O tempo do amor: o Tratado das nubes de Rafael Pérez Estrada e Meghaduta (a nube mensaxeira) de Kalidasa, por Jesús Aguado, poeta. Pérez Estrada e Kalidasa atópanse nunha nube e falan da vida, da felicidade, da poesía, de vento, dos paxaros e, por suposto, do amor. Cosmolóxicos e humanísimos a partes iguais, haberá que escoitar con atención o que se din.

14:30
Xantar de clausura e despedida de nubólogos, nefelibatas, nefelistas e xentes afeccionada á nefelocoquixia.

Entrega de diplomas de asistencia e probables sorpresas finais de cousiñas de nubes, como sempre, xa na sobremesa.

 

 

· ACTIVIDADES PARALELAS DURANTE O CONGRESO ·

* Exposición. De bocexos do historietista, debuxante, viaxeiro e escritor francés Troubs (Jean Marc Troubet). Durante a mesma se poderá comprar –se se quere– algúns dos seus bocexos orixinais.

* Rogativa. Por se nos enfrontamos a un ceo sen nubes, temos preparado unha rogativa para cantar a Néfele, deusa grega das nubes, en procesión. Podes escoitar a música a continuación. Elixe a voz que mellor che acaia... (e ensaia un pouco, para non desafinar moito).



* Cianómetro Barreiros. Charla-paseo con algúns modelos de cianómetros portátiles, ao xeito dos que fixo H.B. de Saussure en 1789, para poder medir a intensidade del cor azul dos ceos.



 
 

 

FaLang translation system by Faboba