Presentación



Poucas cousas hai tan interesantes como observar as nubes,
desfrutar das súas formas, coñecer os seus caprichos...

       ...un ano máis, propoñémosche este encontro dedicado
ás nubes, ás estratexias para atrapalas, ás maneiras de
entendelas, ás formas de distinguilas e de coñecelas en
profundidade...

... pasar uns días de convivencia para aprender como
se forman, como intentamos inmortalizalas desde o
inicio dos tempos, como podemos escoitalas... a ata
como seguimos intentando falar con elas de moi diversos
xeitos...

... ademais de ser unha das marabillas máis grandiosas
-e democráticas- da natureza, as nubes teñen a vantaxe
de que non son sociedades limitadas, nin tan sequera
persoas físicas, cambian continuamente de conformación e
enderezo, e non teñen prezo, aínda que son verdadeiramente
impagables...

... así que ningún goberno do mundo poderá
poñer un imposto por observalas ou desfrutalas...
       
(aínda que, pensándoo ben....  ¡mellor será non dar moitas ideas!)





Programa do III Congreso


-A programación do Congreso está dirixida soamente a público adulto-

· Venres 22 ·

desde as 19:30 Recepción de participantes e relatores.
21:30
  Cea con produtos ecolóxicos da Granxa de Barreiros.


· Sábado 23 ·

09:30     Almorzo —incluíndo café/té cunha nube de leite, abofé—.
10:30   Presentación e inauguración do congreso.

11:00   Luke Howard: o home que puxo nome ás nubes
por José Miguel Viñas, meteorólogo e comunicador, actual presidente de ACOMET —Asociación de Comunicadores de Meteoroloxía—.


12:30
   Variacións de cine e nubes
por Esmeralda Barriendos, tradutora, crítica de cine, con quen daremos un paseo entre imaxes, para descubrir como nos amosaron as nubes algúns dos máis interesantes creadores da chamada sétima arte.

  
14:30
   Xantar con produtos ecolóxicos da Granxa de Barreiros.


16:30   Sesta, ollando ao ceo —opcional, claro—.

17:00   Paseo á caza de nubes.
Durante o cal poñemos en práctica as nocións e os coñecementos aprendidos con José Miguel Viñas, acompañados  tamén por Rubén del Campo. A continuación, ou durante o paseo, procederemos á seguinte actividade:

18:00
   Visita-inauguración do cianómetro da Granxa Escola Barreiros.

Inspirado no inventado por H.B. de Saussure en 1789 – Porque non sempre hai nubes e o azul do ceo nunca é o mesmo–.
Acompañados no paseo por Fernando Fuentes, que nos explicará en que consistiu esta aportación de Saussure, e como o seu invento inspirou algúns dos creadores actuais, que teñen elaborado fermosas obras baseándose nel.


20:30
   Cea.


22:30
   Concerto con Fetén Fetén: Nefelibatas.

Un paseo musical polas nubes, co dúo formado por Diego Galaz —violín, serrucho, violín trompeta, phonoviolín, mandolina, gaviotas e... vacas— e con Jorge Arribas —acordeón, vibrandoneón, frauta-cadeira de cámping, ala de voitre, castañolas e... chocas—.

00:30
(ou así)   A partir desta hora poden pasar cousas inesperadas...
Nebulosas, estrelas fugaces, curtas e películas de nubes... pero nunca se sabe... Todo depende...



· Domingo 24 ·

desde as 8:00   Almorzo autoservicio para madrugadores.

8:30   Amencer, con caza de nubes matutina —opcional—.
Voos en Paratrike —para ver as nubes máis preto, toda a mañá, ata as 14:30—.
Para os menos atrevidos —ou os máis prudentes—, sempre é posible dar un tranquilo paseo entre castiñeiros, e néboas...

10:30
  Os fotometeoros: cores nas nubes 
por Rubén del Campo Hernández; Técnico de meteoroloxía en AEMET, Axencia estatal de meteoroloxía, y divulgador meteorolóxico.

12:00
   O tempo do amor: o Tratado das nubes de Rafael Pérez Estrada e Meghaduta (a nube mensaxeira) de Kalidasa, por Jesús Aguado, poeta. Pérez Estrada e Kalidasa atópanse nunha nube e falan da vida, da felicidade, da poesía, de vento, dos paxaros e, por suposto, do amor. Cosmolóxicos e humanísimos a partes iguais, haberá que escoitar con atención o que se din.

14:30
   Xantar de clausura e despedida de nubólogos, nefelibatas, nefelistas e xentes afeccionada á nefelocoquixia.

Entrega de diplomas de asistencia e probables sorpresas finais de cousiñas de nubes, como sempre, xa na sobremesa.


Relatores / participantes



José Miguel Viñas_
www.divulgameteo.es

Físico do Aire e comunicador científico, especialista en Meteoroloxía e temas afíns. É consultor da OMM e do Proxeto MoMet, de modernización do Servicio Meteorolóxico de México. É socio fundador e actual presidente de ACOMET (Asoc. de Comunicadores de Meteoroloxía), socio de AME (Asoc. Meteorolóxica Española), AEC (Asoc. Española de Climatoloxía) e de AECC (Asoc. Española de Comunicación Científica). Colabora habitualmente en multitude de revistas científicas e divulgativas e imparte conferencias e cursos por toda España. Publicou ata á data cinco libros de divulgación, sobre múltiples cuestións relacionadas co tempo e o clima.

Destacan os seus traballos como meteorólogo en diferentes medios de TV, radio, prensa e Internet, así como o seu labor docente, como profesor de Meteoroloxía Aeronáutica (Aerea FTO, Aeromadrid). En televisión, traballou durante cinco años (1999-2003) en Antena 3, formando parte do equipo de Meteoroloxía dos Servicios Informativos. Desde 2004 é colaborador habitual de RNE, con distintas seccións no magazín No es un día cualquiera, que dirixe e presenta Pepa Fernández. O seu espazo El tiempo del tiempo recibiu en 2006 unha Mención de Honrra na sétima edición do concurso Ciencia en Acción. En 2007-2008 conduciu Las claves del clima, programa dedicado ao cambio climático, e en 2008-2009 colaborou en En días como hoy, programa de Juan Ramón Lucas, cunha sección de divulgación meteorolóxica.



Esmeralda Barriendos_

Traductora e crítica de cine, cursou a especialización en cinematografía en la Cátedra de Historia e Estética do Cine da Universidade de Valladolid. Desde hai anos colabora de maneira habitual na revista dixital ‘zinema.com’, para a que traduce textos dedicados ao cine. Foi acreditada por festivais internacionais, onde acode como correspondente –Cannes, Venecia, Berlín...– escribindo sobre os filmes que alí se proxectan.
 Foi alumna de Víctor Erice, Abbas Kiarostami, e José Luis Guerin, e colabora ocasionalmente co Institut Valenciá de Cultura, da Generalitat Valenciana (IVAC La Filmoteca).



Fetén, Fetén: Diego Galaz y Jorge Arribas_ https://www.fetenfeten.net

Fetén Fetén é moito máis que o proxecto musical de Jorge Arribas e Diego Galaz, á a linguaxe da alma feita harmonía. Os seus primeiros compases escóitanse en 2009 na necesidade de estes músicos burgaleses de poñer banda sonora ás súas influencias e lembranzas. A música de Fetén Fetén é unha ruta pola memoria das nosas raíces e tradicións. As súas composicións guíannos, a ritmos de baile, por fox-trot, valses, chotis, seguidillas ou habaneras, mecéndonos cos seus acordes pola Península Ibérica e facéndonos voar de Italia a Xapón o de Arxentina a Portugal.

Fetén Fetén en directo ofrece un repertorio de sensacións a través dos seus dous discos instrumentais Fetén Fetén (2011), Bailables (2014) e Cantables (2016) nunha fusión perfecta co público. O seu entusiasmo transmítese en cada concerto, desde auditorios a prazas de aldeas, emocionando a nenos e vellos. Onde a súa música fala, sobran as palabras.

Dos seus concertos a crítica dixo:

Seguramente a mellor banda en directo para todos os públicos” (Diego Manrique)

“O extraordinario directo duns musicazos distintos que fan honra ao seu nome” (Diario Crítico)

“Fetén Fetén vén  demostrar que outra música é posible” (El País)

“Unha fiesta de sons e emocións” (Eldiario.es)

“Un espectáculo alegre e dinámico cheo de improvisación e emocións a través da música popular” (20 minutos)

“O dúo Fetén Fetén pertence a esa arriscada estirpe de músicos puros, dotados de coñecemento e curiosidade para dar e tomar simultaneamente (...) A súa música é simpática, próxima e rebuldeira.” (Metrópoli, El Mundo).




Rubén del Campo_ http://www.supranubius.es/

Técnico de meteoroloxía e observador meteorolóxico da Axencia Estatal de Meteoroloxía AEMET no Observatorio Atmosférico de Izaña, situado a máis de 2.300 metros de altitude na illa de Tenerife. Biólogo e divulgador científico, realizou o control de calidade de medidas de radiación e de compoñentes atmosféricos dentro do programa GAW (Global Atmosphere Watch) da OMM. Como voceiro adxunto de Aemet, estivo ao fronte da atención aos medios de comunicación, a creación e difusión de contidos nas redes sociais, realizou a xestión de contidos na web de AEMET, e participou na elaboración do boletín de comunicación interna da asociación. Membro do grupo de traballo encargado do desenvolvemento dun glosario de termos meteorolóxicos ecolaborador do programa de observacións fenolóxicas de AEMET.



Jesús Aguado_

Poeta, tradutor e editor. Naceu en Madrid (1960), aínda que desde os dous anos viviu en Sevilla, máis tarde en Benarés (India), logo en Málaga e actualmente en Barcelona.

É autor, entre outros, dos seguintes libros: Los amores imposibles (Premio Hiperión, Madrid, 1990), Libro de homenajes (Hiperión, Madrid, 1993), El fugitivo (Pre-textos, Valencia, 1998), Los poemas de Vikram Babu (Hiperión, Madrid, 2000), Lo que dices de mí (Pre-textos, Valencia, 2002), Heridas (Renacimiento, Sevilla, 2004), La astucia del vacío. Cuadernos de Benarés: 1987-2004 (Ediciones Narila, Málaga, 2005 y DVD, 2010), El fugitivo. Poesía reunida: 1984-2010 (Vaso Roto, Madrid, 2011), La insomne. Antología esencial (FCE, Madrid, 2013), Sueños para Ada (Hiperión, Madrid, 2014), La luna se mueve sola (Isla de Siltolá, Sevilla, 2015), Carta al padre (Vandalia, Sevilla, 2016).
Entre as súas edicións destacan: Antología de poesía devocional de la India (Índica-Etnos, Varanasi, India, 1998 y Olañeta, 2007), Kabir. Poemas breves (Olañeta-Índica, Palma de Mallorca, 2001), La casa se mueve. Antología de la nueva poesía cubana (ma-Remoto, Málaga, 2001, con Aurora Luque), Antología de poemas de las tribus de la India (ma-Remoto, Málaga, 2003), No pasa nada. Los poetas beats y Oriente (El Bardo, Barcelona, 2007), Fugitivos. Antología de poesía española contemporánea (FCE, 2016), Therigatha. Poemas budistas de mujeres sabias (Kairós, 2016) y ¿En qué estabas pensando? Poesía devocional de la India, siglos V-XIX (FCE, 2017)
Desde 2016 coordina, para a Fundación Rafael Pérez Estrada, de Málaga, o Seminario de la imaginación: Estar en las nubes. Símbolos e imaginación poética.


En 2015 recibiu o Premio de poesía Manuel Alcántara, polos versos de Intemperie del deseo.



exposición_ Jean-Marc Troubet “Troubs”_ http://troubs.fr/

Ilustrador,historietista, escritor e viaxeiro, natural de Burdeos, Francia (1969).

Despois da secundaria, entra na escola de Bellas Artes de Toulouse e sae pola de Angulema, en 1993.
 Trasládase a a Dordogne e, entre viaxe e viaxe, comeza a escribir, anotar e a debuxar libros, que a miúdo redacta en primeira persoa, ao xeito dos diarios de viaxeiros.

Cabe sinalar entre as súas publicacións: La longue marche des éléphants, co-dirixido con Nicolas Dumontheuil (Futuropolis, 2017), Chemins de pierres, (éditions Les Requins marteaux, 2016), J’veux pas oublier mon chat, (éditions L’école des Loisirs, Collection Mille Bulles, 2015), Va’a, (éditions Futuropolis, Co-réalisé avec Benjamin Flao, 2014), Le goût de la terre, (L’Association, 2013) con Edmond Baudoin, Capitale : Vientiane, (Les Requins Marteaux, con Marc Pichelin et Kristof Guez, 2012), Viva la vida, (L’Association, 2012) con Edmond Baudoin, La troupe, (MaxMilo Jeunesse, 2009), Le Paradis... en quelque sorte, (éditions Futuropolis, 2008), Troub’s en Chine, (éditions Alain Beaulet, 2006). En 2011 a editorial Astiberri publicou en español dous dos cadernos realizados en colaboración con Edmond Baudoin: Viva la vida. Los sueños de Ciudad Juárez e El sabor de la tierra. A editorial Figurando Recuerdos Edicións publicou as versións en galego e castelán de Meuh ! Au prè des vaches, (éditions Rackham, 2000), en traduciones realizadas por Rosa Espiñeira (Muuh! No prado das vacas; Muhh! En el prado de las vacas, 2015) un libro de fantasía, con vacas moitas vacas, e moitas moitas nubes. E en 2017, Figurando Recuerdos publica -tamén en tradución de Espiñeira- o libro La bouille, (A alquitara, El alambique).



charla-paseo_ Fernando Fuentes_ http://ibericadenubes.blogspot.com.es

Membro fundador da asociación ibérica de observadores de nubes. Mantiene el cuaderno de bitácora de la asociación y, junto a Germán Díaz y al equipo del congreso, coordina de los contenidos de estos encuentros nubosos.
Procedente da arquitectura, as súas actividades profesionais inclúen indistintamente a creación de imaxes corporativas, o deseño de escenografías, exposicións e arquitectura efémera, a dirección artística de cine, o deseño e a coordinación editorial, a produción e edición discográfica, o interiorismo e creación de espazos sonoros, paisaxes e xardíns.

Como fótografo mantén aberto o relato fotográfico “todo empeza camiñando en silencio”, onde mestura fotografía con acción directa, texto poético e a participación do público. A primeira exposición do mesmo (Valladolid, novembro de 2015) cambiaba en cada momento e con cada visita, durante un mes, xa que cada persoa podía levar —de entre todas as expostas— aquela imaxe que máis o interpelara.
Non ten páxina web, prefire sempre o contacto directo, e —cando é necesario— amosa os seus traballos na mesa do estudio da súa casa, arredor dun café, ou dando un paseo, ao modo antigo.

No seu tempo libre, investiga incansablemente sobre as nubes e os seus variados mundos.
En 2004 fundou —co seu irmán Germán Díaz— Producciones efímeras, para seguir estando entre nubes.



Inscrición e prezos



LUGAR DE CELEBRACIÓN:

Granxa-Escola de Barreiros, S.L.
 Crta. Sarria-Paradela-Portomarín, km 54 (LU-633)
Tel.(+34) 982 533 656  - (+34) 698 129 000

INSCRICIÓNS E RESERVAS:

1º. Confirmar a existencia de prazas e solicitar reserva nos teléfonos (+34) 982 533 656/ (+34) 698 129 000
 ou por correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

2º. Unha vez confirmada a praza, descargar AQUÍ a Ficha de Inscrición, encher os datos, firmala e remitirla por correo-e.

3º.
Data límite de inscrición: xoves 21 de setembro 2017, ás 13:00 h.
A Granxa Escola resérvase o dereito de cancelar o Congreso de non cubrirse o mínimo de prazas necesario para a súa celebración.


PREZOS:
Congreso + pensión completa + aloxamento na Granxa: 150 €
(Disponse de albergue, con habitacións de 4, 6, 8 y 10 prazas, con liteiras)

Congreso + comidas + ceas, sen aloxamento: 120 €

(Consultar outras opcións nos teléfonos de reserva: só sábado completo, sábado tarde e domingo, descontos por grupos, só concerto, etc)

—AS PRAZAS SON LIMITADAS—

Actividade de paratrike:
Custe adicional
por persoa, a determinar.
(É necesario saber o nº de persoas interesadas, para poder contratar a actividade, que se realizará por rigorosa orde de inscrición e sempre que o tempo non o impida)




Actividades paralelas e recomendacións


· ACTIVIDADES PARALELAS DURANTE O CONGRESO ·

* Exposición. De bocexos do historietista, debuxante, viaxeiro e escritor francés Troubs (Jean Marc Troubet). Durante a mesma se poderá comprar –se se quere– algúns dos seus bocexos orixinais.

* Rogativa. Por se nos enfrontamos a un ceo sen nubes, temos preparado unha rogativa para cantar a Néfele, deusa grega das nubes, en procesión. Podes escoitar a música a continuación. Elixe a voz que mellor che acaia... (e ensaia un pouco, para non desafinar moito). 



Cianómetro Barreiros. Charla-paseo con algúns modelos de cianómetros portátiles, ao xeito dos que fixo H.B. de Saussure en 1789, para poder medir a intensidade del cor azul dos ceos.



· RECOMENDACIÓNS ·

- Traer unha hamaca para la sesta con nubes, e unha cámara de fotos, claro...
- Traer roupa de abrigo e un bo calzado para pasear polo campo,
 por se se decidira a facer algo de frío.






Descargas




DESCARGAR CARTEL do III Congreso de observadores de nubes (jpeg, 2.0 MB)








DESCARGAR DOSSIER do III Congreso de observadores de nubes (pdf, 3.3 MB)







DESCARGAR Programa de man (pdf, 1.3 MB)

 

Edicións anteriores do Congreso de observadores de nubes:

 

 




 
 
 
FaLang translation system by Faboba