Visitas á Granxa
VISITAS GUIADAS / TALLERES ARTESANAIS 2018
imprescindible solicitar cita previa en
Tel: 982 533 656 - 698 129 000
Na Granxa de Barreiros organizamos visitas guiadas para familias e público en xeral que poden ser de 2 tipos.
1. VISITA GUIADA:
Data de comenzo: a partir do 5 marzo 2018
Farase un percorrido guiado polas instalacións da granxa, onde visitaremos aos nosos animais de raza autóctona, para ver como viven e os coidados que necesitan. Os nenos darán de comer a algúns deles (conexos, galiñas), recollerán ovos, etc. Tamén nos achegaremos á nosa horta ecolóxica.
Duración da visita: 2 horas.
Destinatarios:familias e público en xeral.
Nº prazas: de 4 a 15 prazas.
Horarios:
Mañá de 11:00 a 13:00 horas.
Tarde: de 16:00 a 18:00 horas.
Prezo: 8 €. (menores de 2 anos gratis, pero deben ir acompañados dun adulto).
[ 6 € se está aloxado/a no Albergue ou Casiña de Asunción ]
O prezo inclúe: visita guiada por un monitor/a especializado e tentempié ou merenda.
2. TALLERES ARTESANAIS:
Data de comenzo: a partir do 5 marzo 2018
Os nosos talleres intentan poñer en valor, así como dar a coñecer os procesos de elaboración dun produto de maneira artesanal. Ao final do taller cada asistente levarase a obra realizada no mesmo.
Os talleres estarán adaptados ás características dos grupos.
PROPOSTA DE TALLERES
- PAPEL ARTESANAL:
- Papel reciclado. Prezo: 15 €
- Cestería de papel (a partir de 16 anos). Prezo: 15 €
- BISUTERÍA CON MATERIAL RECICLADO. Prezo: 15 €
- TALLER DA LÁ:
- Iniciación ao tear. Prezo: 25 €
- Afieltrado. Prezo: 15 €
- INICIACIÓN Á CESTERÍA CON FIBRAS VEGETAIS. Prezo: 20 €
- COSMÉTICA NATURAL:
- Crema de caléndula. Prezo: 15 €
- Auga de Hungría (a partir do 1 de setembro). Prezo: 15 €
- Conos de lavanda (a partir do 1 de setembro). Prezo: 15 €
-----------------------------------------------------------------------
CONTACTE con nós para CONCRETAR taller
Tel: 982 533 656 - 698 129 000
-----------------------------------------------------------------------
Duración do taller: 3/4 horas (en función do tipo de taller).
Destinatarios: familias e público en xeral.
Edad: Adultos e nenos a partir de 6 anos. Dependerá do tipo de taller.
Nº de prazas ofertadas: de 8 a 15 prazas.
Horarios:
Mañá de 10:00 a 13:00 / 14:00 horas (dependerá do taller).
Tarde: de 16:00 a 19:00 / 20:00 horas (dependerá do taller).
O prezo inclúe: presentación, taller dirixido por monitores especializados, material, tentempié ou merenda.
3. OPCIONAL:
Comida de elaboración caseira con produtos sans, frescos e de tempada, algúns procedentes da nosa horta ecolóxica.
Precio: 12 € (a elixir entre 3 primeiros e 3 segundos pratos + bebida, pan, postre e café).
Prezo infantil: 7 € (1 prato a elixir do menú + bebida, pan e postre).