VISITAS GUIADAS e/ou COMIDAS

imprescindible solicitar cita previa en

Tel: 982 533 656 - 698 129 000

Na Granxa de Barreiros organizamos visitas guiadas para familias e público en xeral. Ademáis, pode reservar mesa para comer os nosos menús elaborados con produtos naturais parte deles procedentes da nosa horta ecolóxica.

 

VISITA GUIADA:

Farase un percorrido guiado polas instalacións da granxa, onde visitaremos aos nosos animais de raza autóctona, para ver como viven e os coidados que necesitan. Os nenos darán de comer a algúns deles (conexos, galiñas), recollerán ovos, etc. Tamén nos achegaremos á nosa horta ecolóxica.

 

Duración da visita: 2 horas.

Destinatarios:familias e público en xeral.

Nº prazas: de 4 a 15 prazas.

Horarios:

   Mañá de 11:00 a 13:00 horas.

   Tarde: de 16:00 a 18:00 horas.

Prezo: 8 €. (menores de 2 anos gratis, pero deben ir acompañados dun adulto).

[ 6 € se está aloxado/a no Albergue ou Casiña de Asunción ]

O prezo inclúe: visita guiada por un monitor/a especializado e tentempié ou merenda.

 

OPCIONAL: comida

A nosa comida é de elaboración propia con produtos sans e de tempada, parte de eles procedentes da nosa horta ecolóxica.

Prezos: Pedir presuposto.

O prezo variará en función do menú escollido.   Haberá prezos diferentes para adultos e nenos.

 

 

 

FaLang translation system by Faboba