Visitas interactivas centros escolares 2018-19

 

INTRODUCIÓN

A “Granxa Escola de Barreiros” ofrece a oportunidade ao alumnado e profesorado de compartir un tempo fora de ámbito escolar e familiar, aprendendo e disfrutando xuntos nun entorno rural e natural, sacando partido aos recursos didácticos que nos ofrecen, cun programa de actividades personalizado, adaptado ao nivel educativo e ás características do grupo.



¿COMO É UNHA VISITA INTERACTIVA Á “GRANXA ESCOLA DE BARREIROS”?

A estrutura e programación da visita interactiva está determinada polo nivel educativo/etapa do alumnado e a duración do horario elixido, así como a estación do ano, que fai que teñan unhas características de organización e desenvolvemento diferentes personalizadas para cada solicitude.

Co fin de que la visita se realice cun aproveitamento óptimo e disfrute dos nenos/nenas, o número de alumnos non sobrepasará os 35, dependendo éste da sesión temática elixida.

 

Cada visita interactiva constará de 1 ou 2 sesións temáticas (cos seus obradoiros asociados) que o centro poderá escoller entre unha ampla oferta de sesións, tanto de outono como primavera. Contacte coa Granxa de Barreiros para concretar data e seleccionar a sesión temática.

 

SELECCIONE a ESTACIÓN para ver as SESIÓNS TEMÁTICAS:


Para a Granxa de Barreiros, aparte do rigor na realización das actividades, é moi importante, que a visita teña outro obxectivo claro que é contribuir ao desenvolvemento integral dos nenos que nos visitan, mellorando a súa convivencia en grupo e o traballo en equipo, así como os hábitos de orde, hixiene e limpeza, que contribúen a fomentar a súa autonomía e autorresponsabilidade.

HORARIOS DAS VISITAS INTERACTIVAS


◦ Xornada completa: 10:00 a 18:30 h
◦ Media xornada con comida: 10:00 a 16:00 h
◦ Media xornada sen comida: 10:00 a 13:30 h



¿QUÉ INCLÚE?


◦ Unha ou dúas* Sesións Temáticas (*só para xornada completa)
◦ Un ou dous* Obradoiros Asociados (*só para xornada completa)
◦ Persoal especialista
◦ Todo o material necesario
◦ Uso exclusivo das instalacións
◦ Tentempié de benvida
◦ Comida *
◦ Merenda (só para jornada completa)

* Comida caseira (incluida merenda no caso de visita completa): menús sans e equilibrados, empregando na medida do posible, os produtos da horta ecolóxica.

 

 

 

TARIFAS

Consulte AQUÍ as tarifas segundo o horario escollido.

 

 

¿CÓMO SE FAI A RESERVA?

Pasos a seguir:

Contactar co equipo educativo da “Granxa Escola de Barreiros” para concretar a data.

Tel: 982 533 656 - 698 129 000

unha vez confirmada a data da visita, o centro educativo recibirá a ficha de inscrición, as condicións e as sesións temáticas a elixir.

NOTA: Para calqueira consulta, no dubide en contactar connosco e lle asesoraremos convenientemente.

 

FaLang translation system by Faboba